Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

RECOÑECEMENTO

Marta Lado será embaixadora da Costa da Morte

Recibirá a distinción no encontro de turismo que se celebrará en Carballo

Marta Lado será distinguida como Embaixadora da Costa da Morte.

Marta Lado será distinguida como Embaixadora da Costa da Morte. / Cedida

Fisterra

A CMAT distinguirá á actriz Marta Lado co título de Embaixadora da Costa da Morte 2025, en recoñecemento ao seu compromiso, sensibilidade e capacidade para proxectar ao mundo o carácter único desta terra. O recoñecemento entregarase o once de novembro, durante a celebración do V Encontro Anual de Turismo, que terá lugar en Carballo.

Este galardón, de carácter anual, premia a traxectoria e o compromiso de persoas que contribúen á proxección da Costa da Morte dentro e fóra de Galicia. Marta Lado, natural de Fisterra, «é unha das actrices galegas con maior proxección e unha firme defensora da identidade e beleza da Costa da Morte, territorio ao que permanece unida no persoal e no profesional», subliña a CMAT.

A súa carreira consolidouse como protagonista en Sicixia, unha reivindicación en clave de homenaxe ás paisaxes e a cultura popular da Costa da Morte, dirixida por Ignacio Vilar. Marta Lado recibiu o Premio á Mellora Actriz no Festival Cinespaña de Toulouse.

Nas súas propias palabras, a Costa da Morte "é un lugar que ten algo que non se pode explicar, unha forza e unha beleza que te atrapan". Esa conexión coa terra "reflíctese tamén nos seu proxectos culturais e educativos, nos que aposta por transmitir valores de respecto pola natureza, a lingua e as tradicións locais", sinalan dende a CMAT.

TEMAS

Tracking Pixel Contents