Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

XUNTANZA

O alcalde de Ponteceso solicita a Rueda a circunvalación de Tella e Lestimoño

Avaliaron tamén as obras para resolver os problemas de inundacións

O alcalde entregoulle un busto de Pondal ao presidente da Xunta.

O alcalde entregoulle un busto de Pondal ao presidente da Xunta. / Cedida

Ponteceso

O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantiveron unha reunión de traballo para avaliar, entre outros temas, as obras que a Administración autonómica executará para resolver os problemas de inundacións que se producen no municipio en momentos de episodios meteorolóxicos adversos.

A xuntanza, na que tamén participou o concelleiro de Obras, Constantino Fernández, serviu para abordar o proxecto para construír a circunvalación entre Tella e Lestimoño.

O rexedor aproveitou a ocasión para convidar ao presidente a visitar o municipio o vindeiro ano de cara a trasladarlle outras necesidades e solicitudes e analizar novas vías de colaboración entre o Concello e a Xunta.

José Manuel Mato agradeceu a "boa disposición do presidente, que reafirmou o seu compromiso por seguir mellorando as infraestruturas e servizos dos veciños e veciñas de Ponteceso co impulso de proxectos tan importantes como o plan de inundacións ou o a circunvalación".

Tracking Pixel Contents