SEGURIDADE
Acordo unánime no Parlamento para reforzar a loita contra o narcotráfico na Costa da Morte
O Parlamento pedirá máis efectivos da Garda Civil e unha base de vixilancia

Axentes da Garda Civil tentando recuperar un narcosubmarino na ría de Camariñas. / G. C.
O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposición do Partido Popular para solicitar ao Goberno de España que estableza os postos da Garda Civil de Vimianzo e Corcubión como principais na provincia da Coruña, có fin de que se poidan dotar dun maior número de efectivos e mellorar a seguridade costeira, reforzar a loita contra o narcotráfico e garantir o cumprimento das competencias que ten en zonas rurais e costeiras.
Así mesmo, pídese que se modernicen e reforcen os medios materiais e tecnolóxicos da Garda Civil na provincia da Coruña, e moi especialmente no ámbito da Costa da Morte, dotando aos postos de embarcacións máis potentes e manobrables, equipadas coa tecnoloxía necesaria para interceptar narcolanchas e garantir a eficacia das operacións no litoral galego.
Resposta contundente
A deputada popular Paula Mouzo demandou «unha resposta» contundente a un dos grandes problemas que ten a sociedade actual, porque manifestou que «os clans da droga coidan do seu entramado, teñen embarcacións modernas e actualizan as súas estratexias continuamente, ante o que nós temos que pelexar pola seguridade dos nosos veciños, pola saúde da nosa mocidade e polo cumprimento da lei».
Lembrou que «hai uns anos todos os días había dúas patrullas de vixilancia operativas, unha na comarca de Fisterra e outra na comarca de Soneira, e agora só hai unha para atender a toda a zona». A esta situación engadiu que «os cuarteis están baixo mínimos, hai vehículos que non compren coas funcións necesarias e, incluso, carecen de visores nocturnos».
Por outra banda, a proposta do BNG, todos os grupos aprobaron tamén por unanimidade demandar ao Goberno central a creación na Costa da Morte dunha base marítima permanente do Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA), e que se autorice o uso provisional das embarcacións incautadas no Lila Mumbai para destinalas ás bases do SVA en Galicia. Ademais, solicitarán que se liciten os contratos para renovar as embarcacións do referido servizo.
O deputado do BNG Óscar Insua sinalou que a Costa da Morte «segue a ser un burato negro para a entrada de droga». Segundo o Global Drug Intelligence Network xestionado pola Garda Civil, engadiu, «até o 2024 recibíase unha alerta cada trimestre pola chegada dun submarino, mentres que os pasados xullo e agosto xa foron máis de cinco as alertas activadas en cada un deses meses».
Falla de persoal
Óscar Insua advertiu tamén de que «a falla de persoal e o envellecemento do cadro, xunto á precarización das condicións laborais, os problemas de operatividade por carencia de medios e a cooperación deficiente con outras forzas e corpos de seguridade están a poñer en risco a eficacia do servizo para facerlle fronte ás redes criminais, cada vez máis complexas e organizadas».
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago