O PP pide anular o proxecto da variante de Caldas de Reis «porque implicaría derrubar vivendas»
Reclama ao Estado un novo estudo informativo cun trazado menos lesivo

Jorge Cubela, flanqueado por Sara Martínez e Ricardo Martínez. / Cedida
O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra presentará este venres no pleno unha moción na que se solicita ao Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible a inmediata anulación do actual proxecto da variante oeste de Caldas de Reis e acceso do porto de Vilagarcía á AP-9 «polas graves afeccións de todos os trazados propostos nos territorios de Caldas de Reis e Portas».
Asimesmo, pedirá que se inicie con urxencia a redacción dun novo estudo informativo para a próxima construción da variante «que conteña alternativas de trazado que sexan aceptadas pola veciñanza e que teñan unha menor afección e lesividade sobre os municipios de Caldas e Portas».
O deputado provincial Jorge Cubela, acompañado do deputado e alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e da concelleira do PP en Caldas de Reis Sara Martínez, explicou que «o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible decidiu impulsar este verán o proxecto tras moitos anos nos que tivo sumida esta actuación no esquecemento e o abandono».
«O proxecto rompe os territorios de Caldas e Portas e provocaría o derrubamento de vivendas e importantes afeccións a empresas, estradas, fincas e zonas de cultivo», indicou Jorge Cubela, quen reclamou «a anulación inmediata do actual estudo informativo e o encargo urxente dun novo proxecto que recolla trazados cunha menor afección e impacto sobre eses dous concellos».
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago