O PSdeG esixe a Paula Mouzo que retire unhas declaracións "vergoñentas" sobre a alcaldesa de Camariñas
A formación repróchalle que dixera que Sandra Ínsua "cando se fala de narcotráfico, baixa a cabeza porque non quere perder votos"

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua. / Cedida
O secretario xeral do PSdeG da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, amosou o seu "claro rexeitamento" ante unhas manifestacións realizadas pola deputada do PP no Parlamento galego, Paula Mouzo, sobre a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua.
Para o socialista, trátase dunhas declaracións "totalmente inapropiadas nunha servidora pública e totalmente vergoñentas, de aí que esixamos á señora deputada a súa rectificación e que pida desculpas a todos os veciños e veciñas de Camariñas".
Fernández Piñeiro sinala que Mouzo "fáltalle ao respeto á veciñanza do municipio cando afirma que a alcaldesa de Camariñas, cando se fala de narcotráfico, baixa a cabeza porque non quere perder votos".
"Facer unha relación entre as persoas que votan, maioritariamente por certo, á alcaldesa de Camariñas, outorgándolle xa varias maiorías absolutas, e o narcotráfico é unha auténtica falta de respecto, como digo, non á alcaldesa, se non aos veciños e veciñas de Camariñas aos que esta señora pretende representar algún día", afirma.
"Esixímoslle que rectifique, que pida desculpas, e de non facelo, esixímoslle ao seu superior inmediato, que é o señor Rueda, que tome cartas no asunto e que lle obrigue a desculparse ante todos os veciños e veciñas de Camariñas por unhas desafortunadas, cando menos, e sendo bastante xeneroso co termo, declaracións no Parlamento", engade.
O secretario xeral provincial insiste en que "non é de recibo por parte dunha servidora pública, por parte de toda unha deputada, facer unha afirmación desas características". "En Galicia e en España sabemos perfectamente de que lado están as relacións entre a política e o narcotráfico e non é do lado precisamente do PSdeG", apunta.
Conclúe recomendándolle a Mouzo mirar "dentro das súas propias filas o ocorrido no pasado, do que hai boa mostra tanto en imaxes como en distintos medios de comunicación, antes de facer afirmacións calumniosas e intolerables como esas".
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo