Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Melide acolle a exposición de arte gráfica do XIX Premio Jesús Núñez ata o 12 de novembro

A mostra pode visitarse no centro sociocultural Mingos de Pita en horario de tarde e inclúe un obradoiro de gravado o 6 de novembro

Centro Sociocultural Mingos de Pita

Centro Sociocultural Mingos de Pita / Cedida

El Correo Gallego

Melide

O centro sociocultural Mingos de Pita acolle, entre o 29 de outubro e o 12 de novembro, a exposición itinerante coas obras gañadoras e finalistas do XIX Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica, convocado anualmente pola Deputación da Coruña.

A mostra, considerada un referente no eido da estampa contemporánea, poderá visitarse en horario de 18:00 a 20:30 horas, ofrecendo ao público a posibilidade de coñecer unha ampla selección de creacións de artistas consolidados e novos talentos.

Como parte da programación, o xoves 6 de novembro celebrarase no mesmo espazo un obradoiro de gravado dirixido a persoas maiores de 12 anos. A actividade é de balde, conta con 15 prazas dispoñibles e require inscrición previa no teléfono 981 505 003 ou no correo cultura@concellodemelide.gal. O obradoiro dará comezo ás 18:30 horas.

O Premio Jesús Núñez, creado no ano 2005, é un dos certames máis destacados da arte gráfica galega. Leva o nome do artista e coleccionista Jesús Núñez, fundador da Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos, e constitúe un espazo de recoñecemento e difusión das artes plásticas e da creación contemporánea.

Tracking Pixel Contents