O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa un diálogo aberto sobre o papel da madeira galega na transición ecolóxica
A mesa redonda, organizada pola Fundación RIA en Casa RIA, reunirá representantes do sector forestal, da construción e das comunidades de montes para debater sobre o uso da madeira de proximidade como recurso estratéxico

“Do monte á construción: madeira de proximidade para un futuro sostible” / Cedida
El Correo Gallego
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza, proxecto coordinado pola Fundación RIA, promoverá o vindeiro xoves 6 de novembro un encontro aberto arredor da madeira galega e o seu papel na transición ecolóxica. A mesa redonda “Do monte á construción: madeira de proximidade para un futuro sostible” celebrarase ás 18.00 horas en Casa RIA.
A actividade busca fomentar o diálogo entre sectores e comunidades locais, poñendo o foco na madeira como motor dunha economía verde baseada na proximidade, a innovación e a xestión responsable dos recursos naturais.
Participarán Alfredo Fernández Ríos, da Axencia Galega da Industria Forestal – XERA; Pepe Suárez, de Hijos de Vicente Suárez; Pablo Vázquez Muñiz, de Clúster da Construción de Galicia e Alejandro J. Bacelos, de Enpezas, construción modular, baixo a moderación de Ovidio Queiruga, presidente da Comunidade de Montes de Baroña.
Segundo explican desde a Fundación RIA, «esta xornada busca abrir un espazo de reflexión e aprendizaxe compartida sobre como o aproveitamento sostible da madeira galega pode contribuír á transición ecolóxica e á dinamización do territorio».
No marco da iniciativa, tamén se lanzará unha consulta pública en liña aberta á cidadanía, para recoller opinións sobre o papel da madeira na construción sostible e na recuperación do monte galego. O obxectivo é ampliar o debate máis alá do ámbito técnico e institucional, implicando á sociedade no deseño dun modelo máis sostible e colaborativo.
A programación completarase o sábado 15 de novembro ás 11.30h cunha xornada práctica de transformación de madeira na Casa Forestal de Baroña (Porto do Son), que incluirá unha demostración de maquinaria forestal e serradoiros portátiles da marca Logosol.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo