MEMORIA
A historia das irmás Fandiño recala en Laxe
Cari Ca presentou na biblioteca o libro 'Coralia e Maruxa'

Raquel Lema, esquerda, Francisco Charlín, Soledad Agra e Cari Ca na presentación en Laxe. / D. C.
A área de dereitos civís da Deputación da Coruña presentou en Laxe o libro ilustrado Coralia e Maruxa, un traballo de Cari Ca sobre as irmás Fandiño en formato texto e ilustración de carácter divulgativo que se repartiu entre todas as bibliotecas da provincia. A autora estivo acompañada do alcalde, Francisco Charlín, e a deputada de dereitos civís, Sol Agra.
“Irmáns de sindicalistas asasinados polos falanxistas, humilladas, rapadas, violadas, condenadas e sinaladas para que ninguén as axudara. As normas que o franquismo impoñía para as mulleres eran a reclusión nas súas casas, saír só acompañadas dun home da súa familia ou para ir á misa, cubertas as cabezas, con roupas escuras e longas; pero Maruxa e Coralia, con valentía decidiron romper coas normas e saír vestidas de cores, cada día” sinalou a deputada, que destacou a “importancia” de divulgar “a verdadeira historia detrás das Marías da estatua da Alameda. Porque é a historia da represión e o terror que sufriu a maioría da poboación durante a ditadura”.

Cari Ca e Sol Agra amosando dúas das ilustracións do libro. / D. C.
A autora subliñou que “hai que continuar a traballar para dignificar a Coralia e a Maruxa, e a tantas outras mulleres que representan. Porque aínda hoxe non se sabe moito delas pese a que contamos con materiais abondo para honrar ás súas vidas. Aínda así, pesa a imaxe frívola , festiva e divertida destas mulleres que para a meirande parte das persoas son pouco máis que unha foto e parada turística en Compostela. Coralia e Maruxa, os seus irmáns, e tantas persoas que loitaron e loitan pola liberdade son exemplo de subversión contra o poder e as normas establecidas. Son recoñecidas pola súa resistencia, rebeldía e por converterse en símbolos de esperanza na crenza de que outro mundo é necesario e posible”.
O martes, día 4 de novembro ás 12.30 horas, o libro presentarase na biblioteca do IES Milladoiro (Ames) e pola tarde, ás 17.30 horas, no Centro Sociocultural da Cidade Histórica Maruxa e Coralia, en Santiago de Compostela. O 25 de novembro ás 12.30 horas chegará ao IES Adormideras da Coruña, e o 26 ás 10.25 horas ao IES Maximino Romero de Lema, en Baio (Zas).
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego