Pasabodeghas en Vedra
O Pasabodeghas causa sensación en Vedra

O ambiente multitudinario nunha das bodegas. | CEDIDA
Redacción
Vedra volveu poñer en valor o rural e súas tradicións coa celebracióna da 13ª edición do Pasabodhegas, no medio dunha completísima programación con ata tres días de actividade.

Organizadores e festeiros suxeitando o cartel do evento.
Baixo a dirección da Asociación Cultural San Campio e a Requinta da Laxeira ata dez bodegas da parroquia vedresa de San Miguel de Sarandón acolleron o pasado sábado máis de 3.500 persoas, que gozaron dunha experiencia única coa música de vinte agrupacións voluntarias. Os que asistiron ás adegas puideron degustar unha tapa diferente mentres gozaban dun abano de exposicións, propostas de artesanía, xogos, e demais.
As actividades estiveron acompañadas dunha climatoloxía ideal que fixo que as persoas asistentes gozasen aínda máis esta experiencia, despois de tres anos consecutivos marcados por choiva, vento e frío.
Despois de catro horas de troula chegou o momento da Subida Ghaiteira, unha tradición máxica na que os integrantes da comitiva se reúnen dende todas as bodegas para subir ao campo da festa ao son da música e co ambiente fogos artificiais no ceo.
Seguidamente, chegou a hora dos concertos gratuítos, que este ano correron a cargo da anfitrioa A Requinta da Laxeira de SÉS e da Orquestra Bravú Shangai , que reuniron a preto de 5.000 persoas que cantaron e bailaron dende a primeira ata a última nota musical.
Pasabodeghiñas
Pero non todo quedou en iso, xa que que o Pasabodeghas forma parte dun proxecto máis amplo, o denominado Espazo Activo da Ulla , que se estreou o venres 24 cunha nova edición do Pasabodeghiñas, unha iniciativa de posta en valor da nosa cultura e as nosas tradicións a través da escola.
Coa participación das tres comunidades educativas do Concello de Vedra, o CRA Boqueixón-Vedra Neira Vilas, o CEIP Ortigueira e o CPI Plurilingüe de Vedra, que pasaron unha mañá de convivencia con escolares de infantil e primaria nos que tamén houbo espazo para a música grazas á actuación financiada dende o programa Rede Cultural da Deputación da Coruña, os cativos coñeceron as adegas por dentro e o ciclo da bendima e, ademais visitaron diferentes exposicións.
Xa domingo, tocaba poñer o broche de ouro coa FOLIADA , que reuniu de novo no campo da festa ás agrupacións Arte Galega do Centro Galego de Vitoria Gasteiz, Asociación Cultural A Carrabouxa de Teo e por suposto a anfitrioa Asociación Cultural San Campio.
O éxito do evento foi secundado polo presidente da Sociación Cultural San Campio, Pablo Chenlo: «O ambiente foi superbonito. Tanto maiores como mozos pasaron un rato increíble e os concertos estiveron a un nivel altísimo, pechando por todo o alto esta festa, que é unha das máis importantes de Galicia».
O organizador puxo en valor o enorme interese que a festividade provoca en turistas e peregrinos. «Aquí ven xente de todo Galicia, España e incluso o mundo. Temos un mapa marcado cos países de orixe dos asistentes e pódese ver que viñeron arxentinos, xaponeses, alemáns e de todo», comenta.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego