Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PP de Ordes esixe á Deputación que amplíe a residencia de maiores

Lembran que existe unha partida de catro millóns comprometida dende fai 3 anos

Lamentan que os protocolos firmados e a compra de parcelas quedaran en nada

O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, nun mitin

O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, nun mitin / PP

Ordes

O PP ordense insta á Deputación da Coruña a poñer a disposición do Concello de Ordes a partida de 4 millóns de euros comprometida hai tres anos para a financiar a ampliación da residencia de maiores da vila e cabeceira de comarca. Hai que lembrar que a principios de 2022, a administración local adquiriu cinco parcelas urbanas situadas ao carón da actual residencia de maiores por importe de 300.000 euros co obxectivo de edificar nelas a ampliación do centro. E, xunto con As Pontes e Rianxo, chegouse a firmar un protocolo para obrar.

Posteriormente, en decembro dese ano, rubricouse un novo convenio no que a Deputación se comprometía a financiar con 38.500 euros a redacción do proxecto de ampliación da actual residencia da terceira idade de Ordes. «Desde entón, e malia as reiteradas demandas formuladas desde o Concello de Ordes, a Deputación da Coruña mantén paralizado o compromiso de financiar a ampliación da residencia de maiores de Ordes», apuntan os populares, unha necesidade imperiosa, pola elevada demanda deste centro que presta servizo a toda a comarcas.

«Sen embargo, a recente moción defendida polo Grupo Socialista no pleno de Ordes, reclamando un cambio de modelo na colaboración da Deputación cos concellos, semella agochar unha manobra dilatoria», continúa, acusando ao PSOE local de converterse «en marioneta dos seus xefes para privar a Ordes da ampliación da residencia de maiores, comprometida publicamente, e por escrito, pola Deputación da Coruña hai máis de tres anos», rematan.

Tracking Pixel Contents