PATRIMONIO
Vimianzo pon en valor o Muíño de Mareas de Cereixo
O Concello habilita un espazo con vistas á illa do Forno do Sapo

A alcaldesa, á esquerda, na contorna acondicionada en Cereixo. / Cedida
O Concello de Vimianzo rematou as obras de pavimentación e posta en valor do acceso ao muíño de Mareas de Cereixo (tamén coñecido como muíño da Arcea), cun espazo con fermosas vistas á illa do Forno do Sapo. Trátase dun lugar de gran valor histórico, natural e patrimonial situado ao final da ría de Camariñas.
A actuación, financiada ao abeiro dunha axuda da Consellería do Mar para Estratexias de desenvolvemento local participativo do GALP Costa da Morte, tivo como obxectivo mellorar a seguridade e accesibilidade na contorna, ademais de potenciar o seu valor turístico e cultural.

Mirador cara a illa de Forno do Sapo, en Cereixo. / Cedida
Os traballos, que contaron cun orzamento de 195.470,14 euros, consistiron na pavimentación do camiño de acceso dende a estrada provincial DP-1603 ata o muíño, que ata o de agora presentaba un estado irregular. A intervención dotou o percorrido dunha superficie única de uso peonil realizada en formigón lavado con áridos naturais e granito gris para a delimitación. Tamén se colocou adoquín en zonas delimitadas e no entronque coa estrada provincial. «Logrouse, así, a súa integración na contorna», subliñan dende o Concello. Tamén se instalou novo mobiliario e iluminación.
O proxecto contribúe a reforzar o atractivo de Cereixo, un espazo de enorme valor natural e etnográfico que conta cun parque, un castelo e unha fortificación, ademais da capela románica de Santiago de Cereixo e o muíño, de singular arquitectura de fábrica, levantado no ano 1679 e hoxe convertido nun museo que ensina como funcionaba esta antiga tecnoloxía e a súa importancia na vida cotiá do lugar.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, coinciden en que esta intervención supón «un paso máis na posta en valor do noso patrimonio».
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago