Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Frades acolleu a andaina a favor da doazón de órganos de Alcer con 150 participantes

Dende a Asociación para a Loita contra as Enfermidades do Ril agradeceron a colaboración do Concello

Houbo un tributo ás persoas trasplantadas neste municipio, que tamén poder recibir atención psicosocial

Algúns participantes na andaina solidaria pola doazón de órganos de Alcer e o Concello de Frades

Algúns participantes na andaina solidaria pola doazón de órganos de Alcer e o Concello de Frades / Alcer

Frades

O Concello de Frades e Alcer Coruña (Asociación para a Loita contra as Enfermidades do Ril) celebraron esta fin de semana, e cunha masiva asistencia, a Andaina Solidaria a favor da Doazón de Órganos. A iniciativa logrou congregar a case 150 persoas, superando amplamente as expectativas e consolidando a mensaxe de solidariedade no municipio. A xornada comezou ás 10.30 horas na Praza de Ponte Carreira cun emotivo acto de homenaxe ás persoas transplantadas do Concello, a administración local quixo recoñecer publicamente a súa loita e poñer en valor a importancia crucial do xesto solidario de doar.

Tras a homenaxe, as case 150 persoas participantes iniciaron o percorrido de 7,5 quilómetros. Dende a organización subliñouse que o éxito da convocatoria «é froito da colaboración institucional e da implicación cidadá. Alcer Coruña quere expresar o seu máis sincero agradecemento ao Concello de Frades polo seu inestimable apoio e o seu firme compromiso coa doazón de órganos; e a colaboración do Concello é fundamental, non só por axudar a crear espazos de concienciación tan necesarios como esta andaina, senón por axudar a que as actividades de Alcer Coruña poidan manterse e seguir levando a nosa mensaxe de esperanza a toda a provincia», sinalaron fontes da entidade.

O Concello de Frades e Alcer Coruña agradecen a todos os asistentes, voluntarios e medios de comunicación a súa contribución para o éxito desta xornada que reforza a mensaxe de que a doazón é un agasallo de vida.

Alcer Coruña

A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, Alcer Coruña, ten como obxectivo prestar atención psicosocial e mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal e aos seus familiares na provincia de A Coruña. Ademais da atención, asesoramento e intervención con persoas con enfermidade renal, entre os obxectivos da entidade tamén está a sensibilización á cidadanía sobre a doazón de órganos e hábitos de vida saudables.

Tracking Pixel Contents