SERVIZOS SOCIAIS
Vimianzo, pioneiro en programas de loita contra a soidade non desexada
Máis de 150 maiores participan na iniciativa finaciada pola Deputación

María José Pose, á esquerda de pé, Mar García e Mónica Rodríguez en Vimianzo. / D. C.
O Concello de Vimianzo é un dos pioneiros na posta en marcha de programas de loita contra a soidade non desexada e noutras iniciativas de envellecemento activo, que desenvolve coa colaboración da Deputación da Coruña.
A deputada provincial de Política Social da Deputación, Mar García Vidal, acompañada da alcaldesa e tamén deputada Mónica García; e a concelleira de Servizos Sociais, María José Pose, compartiu unha xornada cos participantes nos programas O baúl dos recordos e Olimpíadas Actívate Sénior de Xogos Tradicionais.
Máis de 150 maiores de 60 anos das 14 parroquias gozan das referidas iniciativas. No proxecto O baúl dos recordos, cada participante crea e decora unha caixa de madeira personalizada na que garda fotografías, obxectos e lembranzas significativas da súa vida. A actividade combina traballo manual, estimulación cognitiva e reminiscencia emocional, fomentando a creatividade, a autoestima e o diálogo interxeracional. Estas caixas funcionan como «diarios de memoria» e convértense nun valioso recurso terapéutico e comunitario que pon en valor as experiencias vitais e a historia local do concello.
As Olimpíadas Actívate Sénior de Xogos Tradicionais combinan exercicio físico adaptado e recuperación do patrimonio lúdico. As probas inclúen birlos, aros, chaves e argolas, adaptadas ás capacidades de cada grupo, e complétanse con sesións de quentamento, competición e convivencia, coa colaboración de persoal municipal e voluntariado.
Mar García destacou o compromiso da Deputación, que aporta 7.000 € para as referidas iniciativas, e sinalou que «o envellecemento activo é unha prioridade para a institución provincial, porque mellora a saúde física e emocional dos maiores e fortalece os lazos comunitarios».
Pola súa banda, a alcaldesa Mónica Rodríguez subliñou «a importancia de que as persoas maiores sigan a sentirse útiles, acompañadas e activas, mantendo vivo o espírito de convivencia que caracteriza o noso concello».
Vinte e un concellos
O programa de envellecemento activo e loita contra a soidade non desexada desenvolvese en 21 concellos, cun investimento de 133.568 €. Ademais de Vimianzo, participan outros concellos de Área: Brión, Cee, Melide, Muros, Outes, Ponteceso, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e Arzúa.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados
- Llega el centollo a los mercados: claves para distinguir el gallego del de fuera