Ames impulsa a formación empresarial cun curso para mellorar a comunicación co cliente
A sesión, que se celebrará o 18 de novembro no espazo colaborativo A Proa, busca ofrecer ás empresas locais ferramentas para construír un discurso máis efectivo e competitivo

Espazo colaborativo de A Proa, en Ames / Cedida
El Correo Gallego
O Concello de Ames prepara unha nova xornada formativa dirixida ao tecido empresarial do municipio co obxectivo de mellorar as habilidades de comunicación das empresas e axudalas a conectar de maneira máis efectiva coa súa clientela. A iniciativa, titulada O teu discurso é a túa marca. Atrévete a comunicar con impacto, celebrarase o martes 18 de novembro, de 19.00 a 21.00 horas, no espazo colaborativo A Proa, no Milladoiro.
A actividade enmárcase no programa Premios Lingua e Empresa, impulsado polas concellarías de Normalización Lingüística e Promoción Económica, e ten un carácter eminentemente práctico. A sesión estará impartida por Fátima Rodríguez, experta en recursos humanos e consultora de estratexia, quen guiará ás persoas participantes na elaboración dun discurso empresarial máis claro, auténtico e memorable.
O curso abordará cuestións como o elevator pitch, a conexión coa audiencia, a comunicación asertiva e a adaptación das mensaxes ao público e ao contexto. Ademais, incluirá exercicios prácticos e feedback inmediato. A inscrición é gratuíta e estará aberta ata o xoves 13 de novembro ás 14.00 horas a través dun formulario de inscripción.
A acción está aberta a todas as empresas con sede ou actividade en Ames, con preferencia para aquelas que participaron ou aspiren a participar nos Premios Lingua e Empresa, cuxo prazo de presentación de candidaturas continúa aberto ata o 21 de novembro. Estes galardóns, dotados con 3.000 euros repartidos en dúas categorías, recoñecen o uso e promoción do galego na actividade económica e empresarial do municipio.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Llega el centollo a los mercados: claves para distinguir el gallego del de fuera
- Dos vecinas de A Maía se quedan a las puertas de coronarse como Miss Grand Galicia
- Vuelve la Feira do Monte a Ames con 22 puestos, talleres y pulpería
- El Palacio de Congresos de Santiago revitaliza su oferta cultural: 20 artistas confirmados hasta marzo
- Rosón no descarta la propuesta de Sumar de ir con CA en una candidatura a las municipales