ARTE
Baio acolle a pintura realista de Ismael Galego
Expón vinte e sete obras de paisaxes e elementos emblemáticos

Ismael Galego, á dereita, e Manuel Muíño no acto inaugural da exposición. / C. Zas
Ata o vindeiro 12 de decembro, o Centro Sociocultural de Baio (Zas) acolle unha nova exposición de pintura de Ismael Galego. Unha mostra formada por 27 cadros nos que emprega unha técnica realista para plasmar paisaxes e outros elementos emblemáticos da nosa terra: hórreos, festas ou rúas, entre outros.
A exposición pode visitarse de martes a venres, de 15.30 a 20.30 horas, e os sábados, de 10.00 a 14.00 horas. O alcalde, Manuel Muíño, presidiu o acto inaugural e sinalou que este ciclo de exposicións serve para que «o Centro Sociocultural de Baio sexa un espazo de referencia, dende o que se espalla cultura a toda a comarca». Así mesmo incidiu en que este é un lugar «no que teñen cabida os artistas menos coñecidos e próximos á nos».
Ismael Galego agradeceu ao Concello de Zas a posibilidade de expoñer os seus traballos.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago