Cobre San Rafael di que acadou «uns niveis excelentes de metais pesados» en Touro
Pola súa planta de tratatamento pasou auga para encher 1.800 piscinas olímpicas
O ferro reduciuse cen veces no regato Portapego e ata un 40% o níquel no de Pucheiras

Mapa virtual das augas na zona da mina de Touro-O Pino, accesible dende a web de Cobre San Rafael. / Cobre San Rafael
Cobre San Rafael, a promotora do proxecto para a reactivación da mina de Touro, destaca os resultados do seu Plan de Restauración Integral das Augas da Mina Histórica. Así, a súa planta de tratamento (PTA) xa superou os 4,46 millóns de metros cúbicos de auga tratada –dabondo para encher case 1.800 piscinas olímpicas–, garantindo «uns niveis de metais pesados tan baixos que poden ser considerados excelentes, segundo os parámetros de Augas de Galicia», di. Ademáis, inclúen na súa web cobresanrafael.gal un mapa interactivo das augas.

Dous técnicos realizando medicións en regatos da contorna de Touro / Cobre San Rafael
En concreto, e sempre segundo Cobre San Rafael, as últimas análises revelan concentracións de ferro inferiores a 0,01 mg/L; manganeso por debaixo de 0,005 mg/L; níquel por baixo de 0,004 mg/L; cobre por baixo de 0,005 mg/L; e aluminio e cinc con valores inferiores a 0,025 mg/L. Ademais, «todos os parámetros de devolución cumpren amplamente os límites legais», xa que o pH é de 7,02 (rango 6,0–9,0); os sólidos en suspensión son inferiores a 2 mg/L (máx. 25 mg/L); a DQO (a demanda química de osíxeno) queda por baixo de 15 mg/L (máx. 160 mg/L); a DBO (demanda bioquímica de oxígeno) de 5 é inferior a 10 mg/L (máx. 40 mg/L); e os nutrientes tamén se atopan ben por baixo dos valores máximos (nitróxeno total 4,8 mg/L; fósforo total <0,15 mg/L).
Outros compoñentes tamén continúan, ao seu xuizo, «moi por baixo dos límites: arsénico, cromo e mercurio en niveis mínimos, e os residuos orgánicos como aceites, graxas e hidrocarburos por debaixo de 0,5 mg/L fronte a límites de 5–20 mg/L».
Papel clave
Por todo iso, dende a compañía confirman «a excelencia e fiabilidade do tratamento e o papel clave da PTA na recuperación ambiental da zona».
Estes datos repercuten en «melloras visibles nos ríos e recuperación do equilibrio natural», xa que segundo o equipo de seguimento de Cobre San Rafael, realizado polo seu equipo de medio ambiente e máis polo Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (Geama) da Universidade da Coruña, «as actuacións postas en marcha no marco do Plan de Restauración Integral das Augas da Mina Histórica están a producir un impacto ambiental positivo e sostido».
Ao fío, din que os regatos da contorna «amosan unha mellora notable da calidade das augas», ofrecendo datos como que o pH duplicouse nos principais puntos de control, pasando de valores de acidez próximos a 3 a niveis superiores a 6, mentres que a condutividade eléctrica reduciuse máis dun 50%, pasando de valores de 600-3000 μS/cm a cifras próximas a 200-400 μS/cm, «o que indica unha diminución substancial da presenza de metais disolutos».
Dous regos
Dun xeito concreto, refírense a que no rego Portapego, por exemplo, «a concentración de ferro reduciuse ata 100 veces», pasando dunha media de 366 ppm a menos de 1 ppm nalgúns puntos, o que supón unha recuperación ambiental sen precedentes nesta contorna. E noutro dos principais cursos afectados na contorna, o rego Pucheiras, «ademais dunha clara mellora no aspecto tanto das súas augas como do propio cauce, os datos analíticos recompilados durante o ano 2025 indican reducións nas concentracións de metais que chegan a ser moi importantes nalgúns casos. Como exemplos, cómpre mencionar o manganeso, cunha redución na súa concentración do 50%, e o níquel, cunha redución do 40%.
E co obxectivo de garantir a máxima transparencia e facilitar o acceso á información ambiental, Cobre San Rafael presenta tamén unha actualización do seu mapa interactivo das augas da mina de Touro-O Pino, ferramenta permite realizar unha visita virtual polos principais puntos de control na contorna da antiga mina do 2018 a 2025, combinando imaxes antigas coas modernas e datos.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos