Ames aproba a licitación do novo contrato dos servizos de desbroce dos núcleos rurais
Os traballos incluirán a limpeza e mantemento de zonas de titularidade municipal

Traballador desbrozando unha zona de Ames. / Cedida
Ames vén de aprobar en Xunta de Goberno local o expediente de licitación do novo contrato dos servizos de desbroce, limpeza e mantemento dos núcleos rurais do municipio.
O obxectivo é volver a contar cun servizo específico para realizar traballos de mantemento e conservación dos accesos e interiores dos núcleos rurais, incluíndo tamén as zonas próximas aos lavadoiros, igrexas, locais sociais, muíños, beirarrúas, canalizacións de pluviais, e demais, que sexan de titularidade municipal.
O alcalde, Blas García, destacou «a importancia de volver a contar con este servizo que foi posto en marcha no ano 2021 cunha moi boa acollida entre a veciñanza , e catalogouno como «unha clara aposta polo rural amesán». Actuarase nas once parroquias do concello de Ames e nun total de 107 núcleos.
As labores contarán cun equipo mínimo de tres persoas traballando simultaneamente durante 8 meses do ano, pasando a ser cinco traballadores durante o período estival (catro meses ao ano).
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados
- Llega el centollo a los mercados: claves para distinguir el gallego del de fuera