EDUCACIÓN
Malestar no IES Agra de Raíces de Cee pola falta de profesorado e a masificación das aulas
A ANPA demanda un especialista, un docente e un segundo coidador

Concentración de pais e nais a principios de curso no IES Agra de Raíces. / Cedida
As familias do IES Agra de Raíces, de Cee, dan a voz de alarma pola «falta de recursos e a masificación das aulas». Así, aseguran que «a pesar de ter xustificado reiteradamente a necesidade de máis profesorado e apoios especializados, a comezos de novembro a situación segue sen mellorar, algo que é moi grave e preocupante».
A Asociación de Nais e Pais (ANPA) esixe «a incorporación inmediata» da praza de Audición e Linguaxe / Pedagoxía Terapéutica «comprometida»; a asignación dun profesor máis «que permita aliviar a grave masificación nos grupos de primeiro da ESO e reducir as ratios a niveis asumibles; e a dotación dun segundo coidador «polo menos tres días á semana, que poida cubrir ausencias e asegurar a atención básica e continua do alumnado con alta dependencia».
Advirten que cada día que pasa sen estes apoios «agravase a situación nas aulas e compromete o dereito á educación de todo o alumnado, en especial daqueles con maiores dificultades». Subliñan que o IES Agra de Raíces «é un centro de referencia na comarca» dende hai medio século, e non entenden as decisións «que están a poñer en risco esta traxectoria». Denuncian ademais a «falta de transparencia e de explicacións por parte da administración aumenta «o malestar».
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- La patronal acepta la mediación pero de momento la huelga de buses se mantiene en Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?