Medio Rural inviste máis de 300.000 euros na renovación da ponte da Maquía entre Ordes e Frades
A actuación mellorará as comunicacións rurais e evitará os asolagamentos que se producen na zona durante as enchentes

Imagen de archivo de uno de los puentes que se levantan sobre el río ordense Samo / Cedida
El Correo Gallego
A Consellería do Medio Rural investirá máis de 317.000 euros na renovación da ponte da Maquía, sobre o río Samo, unha infraestrutura que conecta os concellos de Ordes e Frades. As obras, que visitou hoxe a conselleira María José Gómez, buscan mellorar as comunicacións na zona rural e previr as inundacións que afectan os terreos próximos en épocas de choiva intensa.
Segundo explicou a titular de Medio Rural, trátase dunha actuación que facilitará o tránsito de vehículos agrícolas e mellorará a seguridade viaria nunha vía moi utilizada pola poboación local. «É un investimento en favor da poboación rural, que contribúe á súa mobilidade e á saída das producións do agro cara aos mercados», indicou Gómez durante a súa visita.
A conselleira estivo acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo. A intervención inscríbese nas liñas de investimento da Xunta en infraestruturas rurais, que, segundo avanzou Gómez, contarán en 2026 cun orzamento de 4,2 millóns de euros.
O departamento autonómico lembra ademais que para o próximo exercicio se prevén 16,7 millóns de euros para reestruturación parcelaria e 17,7 millóns para o plan Camiña Rural, dirixido á mellora da rede viaria municipal.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército