O PSdeG reclama á Xunta a mellora da AC-455 e un novo trazado en Val do Dubra
O deputado Aitor Bouza e o alcalde Diego Díaz alertan do deterioro da ponte e esixen unha avaliación urxente da súa estabilidade

Aitor Bouza, na esquerda, co alcalde Diego Díaz / Cedida
El Correo Gallego
O PSdeG levará ao Parlamento galego unha iniciativa para reclamar á Xunta de Galicia unha actuación integral na estrada autonómica AC-455 ao seu paso por Val do Dubra, incluíndo unha alternativa ao actual trazado que permita reducir o tráfico sobre a ponte que cruza o río Dubra.
O parlamentario socialista Aitor Bouza visitou o municipio xunto ao alcalde, Diego Díaz, e comprobou, segundo explicou, «as deficiencias e o deterioro que presenta a infraestrutura», que precisa dunha «limpeza e acondicionamento urxente». O deputado anunciou que presentará unha emenda aos orzamentos autonómicos de 2026 para incorporar esta actuación e mellorar a seguridade viaria na zona.
Bouza avanzou que o grupo socialista promoverá «unha batería de iniciativas para que se realice unha avaliación técnica da estabilidade e capacidade da ponte», así como os traballos necesarios derivados dese estudo. Ademais, insistiu na necesidade de que o Goberno galego planifique «un novo trazado alternativo que permita desviar o tráfico máis intenso por unha zona con mellores condicións técnicas».
Pola súa parte, o alcalde dubrés, Diego Díaz, destacou que a situación da ponte «preocupa tanto á veciñanza de Val do Dubra como ás comarcas de Compostela e Bergantiños», xa que a vía é utilizada a diario «por milleiros de vehículos, moitos deles de gran tonelaxe». O rexedor incidiu en que a infraestrutura require «unha mellora urxente da seguridade, tanto para os peóns como para o tráfico rodado».
Segundo os datos manexados polo Concello, pola AC-455 chegan a circular máis de 8.000 vehículos ao día, o que, segundo os socialistas, fai imprescindible unha intervención que garanta a seguridade e a capacidade da ponte.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago