Ames abre a votación popular para escoller os vídeos gañadores do certame Galetiktokers
A sexta edición do concurso reúne 56 creacións de máis de cen mozos e mozas de diferentes localidades galegas, que optan a 1.800 euros en premios

Actuación do rapeiro amesán Big Meu na gala de entrega de premios do 2024 / Cedida
El Correo Gallego
O prazo para votar nos premios do público do certame Galetiktokers está xa aberto. Dende as 11.00 horas deste mércores e ata a mesma hora do venres, 7 de novembro, o público pode escoller os seus vídeos favoritos a través de Instagram.
O concurso, promovido polos departamentos de Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Ames, busca fomentar a creatividade da mocidade e o uso do galego nos novos formatos audiovisuais.
Nesta sexta edición presentáronse 56 vídeos creados por máis de cen participantes, procedentes non só de Ames, senón tamén de Vilagarcía de Arousa, Ferrol, Ourense e outras localidades. O número de pezas incrementouse notablemente respecto ao 2024, cando se rexistraran 39 propostas.
Os traballos repártense en dúas categorías: unha para mozos e mozas de 13 a 17 anos, con 28 vídeos, e outra para persoas a partir dos 18, tamén con 28 creacións admitidas.
En total, os participantes optan a 1.800 euros en premios, distribuídos en seis galardóns de 300 euros. Catro deles serán decididos por un xurado profesional e os dous restantes, polo público a través das redes sociais.
Segundo explican desde o Concello, os vídeos poden votarse no perfil @xuventudeames, onde están publicados todos os reels co cancelo #galetiktokers. As publicacións que acumulen un maior número de “gústame” faranse cos galardóns populares.
O xurado desta edición está formado pola artista multidisciplinar Edit Iseo Agilda Bolaño, a comunicadora Noelia Francisco Lens e o creador de contido en galego Miguel Barbazán Lesta (@miguelblesta). En representación municipal actuará como secretaria Pilar Villaverde Cutrín, técnica de Mocidade e Información Xuvenil.
A entrega de premios celebrarase o sábado 22 de novembro no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, nun acto que servirá de peche para esta sexta edición do certame.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Vuelca un coche en la AG-56 a la salida de la autopista en Santiago
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre