Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

NAUFRAXIOS

Camariñas rememora o afundimento do 'Serpent' no 135 aniversario

O Concello programou actos culturais e de homenaxe aos náufragos

Imagen do 'HMS Serpent' que afundiu na costa de Camariñas en 1890.

Imagen do 'HMS Serpent' que afundiu na costa de Camariñas en 1890. / Cedida

Camariñas

O Concello de Camariñas conmemora nestes últimos meses do ano o 135 aniversario do afundimento do torpedeiro británico HMS Serpent, o naufraxio máis destacado da Costa da Morte, afundido en 1890 fronte á Punta do Boi.

A programación inclúe actos culturais e de homenaxe que lembran aquel tráxico suceso que marcou para sempre a historia e a identidade mariñeira de Camariñas.

Cartel promocional dos actos do 135 aniversario do 'Serpent'.

Cartel promocional dos actos do 135 aniversario do 'Serpent'. / Cedida

Os actos darán comezo este domingo, día 9 ás 20.00 horas, no faro Vilán, coa representación teatral titulada Naufraxios. O luns 10 de novembro, ás 12.00 horas, celebrarase a tradicional ofrenda floral no Cemiterio dos Ingleses, en lembranza dos mariñeiros falecidos no naufraxio do Serpent. A continuación, ás 13.00 horas, terá lugar no Museo do Alemán de Camelle a inauguración da exposición Serpent, que permanecerá aberta ao público do 10 de novembro ao 15 de decembro.

Como colofón, do 1 ao 15 de decembro, a Casa de Pedra acollerá a exposición Prestige, unha mostra que conecta dous fitos do litoral de Costa da Morte: o afundimento do Serpent e a catástrofe do Prestige, unidas pola memoria, a solidariedade e o mar.

Con esta programación, o Concello de Camariñas quere "honrar a memoria das vítimas do Serpent e poñer en valor o patrimonio histórico e mariñeiro da Costa da Morte, convidando á cidadanía e visitantes a participar nestes actos de lembranza", subliñan.

Tracking Pixel Contents