Os escolares do Pino xa poden presentar as súas postais de Nadal
O certame, que chega á súa 23ª edición, premiará cinco traballos con lotes de libros e material escolar
A data límite para entregar os traballos será o 28 de novembro

Unha das postais premiadas na edición do 2024, obra de Celia Gómez Botana e Iago Alonso Tojo / Cedida
El Correo Gallego
O Concello do Pino abriu o prazo para participar nunha nova edición do seu tradicional Concurso de Postais de Nadal, que este ano alcanza a súa vixésimo terceira convocatoria. O certame está dirixido ao alumnado do municipio e ten como obxectivo fomentar a creatividade e manter vivas as tradicións do Nadal entre os máis novos.
Poderán concorrer os nenos e nenas do CPI Camiño de Santiago, da Escola Unitaria de Gonzar e tamén aqueles empadroados no municipio que estuden noutros centros. O prazo para presentar os traballos remata o venres 28 de novembro, tanto no Rexistro Xeral do Concello como a través da sede electrónica.
As postais deberán ter como tema o Nadal e incluír a mensaxe “O Pino, Bo Nadal e Feliz 2026”. Poderán elaborarse con calquera técnica artística —pintura, témpera, collage ou acuarela— sobre un formato máximo DIN-A4.
O xurado, formado por persoal das áreas sociocultural, educativa e deportiva do Concello, valorará a orixinalidade, a composición e a adecuación ao tema. Concederanse cinco premios —un por categoría educativa— con lotes de libros e material escolar. Ademais, entre os traballos gañadores elixirase un deseño absoluto, que será empregado como felicitación institucional de Nadal do Concello do Pino.
O fallo do xurado darase a coñecer a partir do 4 de decembro, e a entrega de premios terá lugar o 5 de xaneiro de 2026, durante a tradicional Cabalgata de Reis.
As postais premiadas pasarán a ser propiedade municipal e formarán parte dunha exposición colectiva que reunirá todas as obras participantes para dar visibilidade ao talento artístico infantil e xuvenil do Pino.
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Raúl López: «Los presupuestos son más altos que en ACB»
- Los vecinos del Ensanche de Santiago señalan ante Raxoi y la Policía 15 locales de ocio nocturno conflictivos
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Una farmacia de Boiro entre las mejores de Galicia
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Arde un coche por completo en plena autopista mientras circulaba por Santiago
- El influencer gastronómico Cenando con Pablo visita un asador en Teo y su reacción no deja indiferente a nadie: 'Atención a este crimen