Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Micoloxía, literatura e teatro en Cee

Modesto Fraga presenta este venres 'As almas da Fisterranía'

Modesto Fraga presenta el vienres 'As Almas da Fisterranía' en Cee.

Modesto Fraga presenta el vienres 'As Almas da Fisterranía' en Cee. / Juanma Abelleira

Cee

Cee convida a unha nova fin de semana cargada de propostas culturais e ambientais. O venres, día 7 ás 19.30 horas, o escritor fisterrán Modesto Fraga presentará na Biblioteca Francisco Mayán o libro As almas da Fisterranía, unha obra que trata sobre a identidade e a memoria colectiva, centrándose nas historias das persoas que habitaron este confín atlántico.

O autor estará acompañado pola alcaldesa de Cee, Margot Lamela, e o mestre de Historia no colexio Manuela Rial Mouzo, Salvador Mosteyrín.

E para o sábado 8, está programada unha dobre cita. Por un lado co teatro, da man da compañía Ítaca, e a obra Profetas, que se representará no Auditorio Baldomero Cores a partir das 20.00 horas con entrada gratuíta, dentro da programación Outono das Artes da Deputación de A Coruña.

A outra proposta está destinada a todas aquelas persoas interesadas no mundo dos cogomelos, xa que continúan as actividades das XXIV Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, que organiza a Asociación Micolóxica Naturalista Pan de Raposo.

O sábado 8, ás 10.30 horas, abrirá a exposición de cogomelos e traballos do alumnado da comarca, con visitas guiadas ás 12.00 horas, tanto o sábado como o domingo 9. A mostra poderá visitarse durante a fin de semana en horario de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19. 30 horas.

Tamén haberá charlas, ás 17.30 horas na sala de conferencias, a cargo de José María Costa Lago baixo o título Amanita muscaria: aspectos culturais e curiosidades sobre o fungo matamoscas.

O domingo 9, no mesmo horario e lugar, José Manuel Castro Marcote impartirá o relatorio Boletus s.l. Finalmente, e tamén durante toda a fin de semana, haberá degustación de petiscos de cogumelos no Hotel La Marina e no Mesón As Viñas.

Tracking Pixel Contents