Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

COMUNICACIÓNS

Muxía segue a ter problemas de cobertura móbil e de televisión

O BNG pide unha nova antena telefónica e a mellora do repetidor do Seixo

Repetidor da sinal de televisión do Seixo, en Muxía.

Repetidor da sinal de televisión do Seixo, en Muxía. / BNG

Muxía

O BNG de Muxía solicita o apoio do pleno para que o Concello demande á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a instalación dunha antena telefónica que facilite a cobertura ás zonas nas que actualmente non hai.

Asemade, os nacionalistas piden melloras no repetidor do Seixo «para evitar que os cortes de luz fagan dano cada pouco; posibilitar a implantación de todas as canles dispoñibles na TDT; e aumentar o sinal televisivo nas zonas escuras», afirma a concelleira Mercé Barrientos.

Propón que se revisten tamén outras instalacións similares que dan cobertura a Moraime, San Martiño e Muxía, «nas que confrecuencia deixan de poder sintonizar algunhas canles», sinala a edila do BNG. É preciso, engade, «que todas as parroquias conten con servizos de calidade que faciliten o día a día da veciñanza».

Tracking Pixel Contents