Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CERTAME

Vimianzo dá visibilidade á soidade non desexada a través das fotografías

Convida á cidadanía a expresar a importancia das redes de apoio

Presentación do programa Conectando Corazóns en Vimianzo.

Presentación do programa Conectando Corazóns en Vimianzo. / Cedida

Vimianzo

O Concello de Vimianzo convocou o concurso de fotografía Luz na Soidade, unha iniciativa enmarcada no proxecto municipal Conectando Corazóns. O certame, financiado coa colaboración de Xeal, nace coa finalidade de sensibilizar e visibilizar a problemática da soidade non desexada e o illamento social, convidando á cidadanía a expresar, a través da súa ollada creativa, a importancia das redes de apoio comunitario e dos vínculos humanos.

Cartel promocional do concurso de fotografías.

Cartel promocional do concurso de fotografías. / Cedida

A participación é gratuíta e está aberta a maiores de 16 anos. As fotografías deberán abordar, de maneira artística, simbólica ou documental, a temática da soidade non desexada e o valor das relacións sociais que contribúen ao benestar emocional. Cada participante poderá presentar unha imaxe que debe ser propia e inédita e non ter sido seleccionada nin premiada noutros certames.

O soporte será obrigatoriamente dixital, cunha resolución mínima de 3000 x 2000 píxeles.

As obras presentaranse de maneira telemática, enviando un correo electrónico a luznasoidade@vimianzo.gal coas imaxes anexadas e o título correspondente. O prazo de presentación está aberto ata o día 30 de novembro ás 23.59 horas.

Haberá catro premios de 400 (2), 200 e 100 euros. O acto de entrega terá lugar o venres 19 de decembro ás 20.00 horas.

Tracking Pixel Contents