A Xunta inviste máis de 32.000 € para mellorar a envolvente exterior da Casa do Concello de Teo
A delegada territorial, Belén do Campo, supervisou as obras xunto á alcaldesa, Lucía Calvo, e destacou o apoio do Goberno galego aos concellos de menor poboación a través da orde de infraestruturas de uso público

Na esquerda, Belén do Campo, acompañada da alcaldesa de Teo, Lucía Calvo / Cedida
El Correo Gallego
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou este mércores o Concello de Teo para supervisar as obras de reparación da envolvente exterior da Casa Consistorial, executadas co apoio económico do Goberno galego a través da orde de Infraestruturas de uso público.
A actuación contou cunha achega autonómica de máis de 32.000 euros, destinados a mellorar a eficiencia e o estado exterior do edificio municipal.
Segundo explicou Do Campo, os traballos centraronse na envolvente térmica do inmoble, actuando na cuberta, nos balcóns e nos cerramentos de fachada. As melloras incluíron a restauración e pintado dos revestimentos, o selado das xuntas e albardillas para evitar filtracións, a rehabilitación dos solados dos balcóns e a aplicación de tratamentos protectores nos paramentos exteriores.
A delegada destacou que con estas obras «corríxense as deficiencias detectadas, mellórase a imaxe institucional do edificio e garántese a súa durabilidade fronte ás condicións meteorolóxicas».
Durante a visita, na que estivo acompañada pola alcaldesa, Lucía Calvo, Do Campo subliñou que esta achega se enmarca no compromiso da Xunta co ámbito local, «especialmente cos municipios de menor poboación».
Na comarca de Santiago, ademais de Teo, tamén recibiron este ano apoios os concellos de Boqueixón, Val do Dubra, e dúas axudas conxuntas para Rois e Brión, e Boqueixón e O Pino, cun investimento total de máis de 185.000 euros.
Estas subvencións, que na provincia da Coruña beneficiaron a 34 concellos cun importe global próximo a 1,2 millóns de euros, cobren ata o 80% do gasto en proxectos de creación ou mellora de infraestruturas, instalacións e equipamentos municipais.
Belén do Campo lembrou ademais que os orzamentos da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para 2026 reforzan o apoio aos concellos, cun incremento do 17% ata acadar 26,5 millóns de euros.
Entre as novas liñas de colaboración figura o Banco municipal de maquinaria compartida, dotado con un millón de euros, co que se pretende facilitar que os concellos poidan compartir equipamento especializado para a prestación de servizos públicos.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago