Inclusión, natureza e cooperación: os tres piares do voluntariado de Íntegro na Costa da Morte
O colectivo apoiou este ano a inserción laboral de 66 mulleres con discapacidade, o co seu proxecto Da horta á cociña uniu xeracións dende o agro

Participantes no programa Da horta á cociña, de Íntegro. / Cedida
A asociación Íntegro, fundada en 1992 para promover a inclusión social de persoas con diversidade funcional da Costa da Morte, con sede en Cabana, fixo balance dos tres programas de voluntariado social e ambiental que levou a cabo este ano cos seus usuarios. Tres programas complementarios que puxeron o foco na inclusión, o medio ambiente e a cooperación interxeracional: o proxecto piloto Da horta á cociña, o programa xuvenil Reacciona e as accións de voluntariado coa diversidade Recicla-T.
Durante todo o ano, Íntegro desenvolveu o proxecto Da horta á cociña, unha iniciativa pioneira no ámbito rural galego que apostou por unir xeracións a través da agricultura, a cociña e a artesanía, implicando maiores de 55 anos e mozos e mozas menores de 35.
O obxectivo era fomentar a aprendizaxe mutua, reducir o illamento social e ofrecer novas oportunidades de futuro á mocidade do rural, especialmente na Costa da Morte. As actividades consistiron na transmisión de técnicas agrícolas tradicionais e ecolóxicas combinadas co uso das novas tecnoloxías; a recuperación de receitas tradicionais e a creación dun receitario dixital; e a preservación de técnicas artesanais de tecido.
Reciclaxe de plásticos
Por outra banda, co programa Reacciona, unha iniciativa de educación ambiental e inclusión social dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, concienciou sobre a importancia da reciclaxe dos materiais plásticos. As actividades incluíron visitas didácticas, obradoiros formativos e encontros con profesionais da economía circular.
Paralelamente, a entidade continuou impulsando o seu programa de voluntariado xuvenil coa diversidade, Recicla-T, no que participaron ao redor de 12 persoas voluntarias menores de 30 anos.
No marco de dito programa colaboraron en accións de coidado do medio ambiente e apoio a persoas con discapacidade.
No eido medioambiental, o obxectivo de Íntegro é consolidar un equipo de voluntariado estable e formado que participe de forma regular nas actividades da entidade e sirva tamén como espazo de aprendizaxe e sensibilización para a mocidade da Costa da Morte.
Ademais, o programa permite identificar perfís novos que poderían incorporarse no futuro ao equipo profesional do Centro de Recursos da entidade.
Igualdade de xénero
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, visitou esta semana a sede da asociación Íntegro en Cabana de Bergantiños para coñecer as diferentes iniciativas para promover unha igualdade de xénero sen barreiras. No último ano, a Xunta volveu apoiar esta asociación con máis de 19.000 euros para o desenvolvemento do seu programa PIMD Rural, un recurso de referencia cun nivel de participación moi elevado de mulleres con discapacidade.
Acompañamento e formación
Esta iniciativa permítelles acceder a servizos e recursos novidosos e específicos. Así, neste último ano beneficiáronse deste programa un total de sesenta e seis mulleres a través das actividades de busca de emprego e inserción laboral, entre outras accións de acompañamento e formación.
- Galicia se prepara para tiritar ante la llegada de tormentas, granizo y nieve durante los próximos días
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- Defienden que se dé continuidad al alquiler de las casetas en el histórico proyecto hostelero de O Cotón
- Así quedaría la letra del himno gallego con las propuestas de la RAG
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza