Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A campaña 'Bonos Padrón' repartirá 2.000 vales de 10 € de desconto para gastar no comercio local en decembro

Os tíckets entregaranse fisicamente a partir do primeiro día do último mes do ano, dándolle preferencia ás persoas empadroadas no municipio

A rebaixa aplicarase en compras iguais ou superiores aos 20 euros

A edil de Comercio, Chus Campos, e o alcalde, Anxo Arca, presentaron a iniciativa.

A edil de Comercio, Chus Campos, e o alcalde, Anxo Arca, presentaron a iniciativa. / Cedida

Padrón

O Concello de Padrón lanzará a primeira edición da campaña Bonos Padrón. Padrón ten o que precisas, co afán de dinamizar o comercio local do municipio. A iniciativa foi presentada polo alcalde, Anxo Arca, e pola concelleira de Comercio e Turismo, Chus Campos, quenes explicaron que se repartirán 2.000 bonos de 10 euros de desconto cada un para compras iguais ou superiores aos 20 euros realizadas entre o 1 e o 31 de decembro nos establecementos adheridos.

Os vales entregaranse de maneira presencial a partir do 1 de decembro, dando prioridade ás persoas empadroadas no municipio. Do 1 ao 3 deste mes, os residentes maiores de idade empadroados en Padrón poderán retirar ata dous bonos por persoa, presentando o seu DNI orixinal. A partir do día 4, os tíckets poderán ser recollidos tamén por persoas non empadroadas ata esgotar os 2.000 dispoñibles.

O rexedor explicou que “con esta iniciativa queremos dotar de liquidez aos negocios que teñen a súa sede de actividade en Padrón e que son un motor importante do noso desenvolvemento económico”. Engadiu ademais que “nesta primeira edición queremos darlle prioridade á veciñanza e ter en conta especialmente ás persoas maiores. Por iso, e para evitar problemas coa brecha dixital, os bonos entregaranse presencialmente na planta baixa da Escola de Música, situada na praza da Igualdade”.

Inversión de 20.000 € de fondos públicos

O goberno local decidiu investir 20.000 euros de fondos propios municipais para apoiar o comercio de proximidade e fomentar o consumo local durante o último mes do ano.

Chus Campos subliñou que poden participar na campaña “todos os negocios que teñan a súa actividade en Padrón, agás supermercados, grandes superficies e venda ambulante”.

Os establecementos interesados deberán inscribirse entre o 15 e o 25 de novembro na web www.bonospadron.gal, onde atoparán toda a información da campaña. Unha vez adheridos, deberán colocar nun lugar visible do local a imaxe identificadora da campaña.

Condicións de uso dos vales

Cada bono terá un valor de 10 euros e deberá empregarse nun só establecemento para compras iguais ou superiores aos 20 euros, sen posibilidade de troco por diñeiro en efectivo. En caso de devolución dun produto, o establecemento deberá emitir un vale polo importe íntegro da compra.

Os comerciantes deberán presentar os bonos recollidos, xunto cos correspondentes tíckets ou facturas, entre o 1 e o 16 de xaneiro de 2026, para que o Concello lles aboe o importe correspondente.

Tracking Pixel Contents