Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Costa da Morte enfoca o seu futuro turístico partindo da súa identidade local

O próximo martes terá lugar o V Encontro de Turismo da Costa da Morte, no que profesionais, empresas e administracións compartirán experiencias

Representantes de los concellos socios y de APTCM en el IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte celebrado en el Pazo de Trasariz, en Vimianzo.

Representantes de los concellos socios y de APTCM en el IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte celebrado en el Pazo de Trasariz, en Vimianzo. / Cedida

Carballo

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza este martes, 11 de novembro, o V Encontro de Turismo da Costa da Morte. O escenario desta cita consolidada como o gran foro anual do turismo comarcal será o Pazo de Villar de Francos, en Carballo, o lugar perfecto para compartir experiencias, formar alianzas e impulsar un modelo de desenvolvemento sostible e participativo. Este evento conta coa colaboración da Axencia Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña.

Nesta edición, a CMAT fará balance do traballo de 2025 e presentará as súas novas liñas de actuación, centradas na comunidade local e na promoción conxunta do territorio. O acto servirá ademais para dar peche á tempada turística, fomentando un espazo de convivencia, recoñecemento e posta en común dos logros acadados polo sector público e privado do territorio. Desta forma, reuniranse para tratar as cuestións nomeadas empresarios do sector e representantes institucionais e da administración pública.

Alcaldes y alcaldesas de los 17 concellos miembros de la asociación.

Representantes de los concellos socios y de APTCM acompañados por el Director Xeral de Turismo, Xosé Merelles, y el Vicepresidente de la Deputación da Coruña y Deputado Provincial de Turismo, Xosé Regueira. / Cedida

"Non hai turismo sostible sen comunidade implicada"

Así mesmo, tras anos centrando a promoción en embaixadores e influencers de fóra, a CMAT busca poñer en valor un colectivo sempre presente en calquera tipo de viaxe pero que en ocasións pasa desapercibido, a poboación local, neste caso, a veciñanza da Costa da Morte. Tal e como defende a súa filosofía: “non hai turismo sostible sen comunidade implicada”, polo que buscarán fortalecer a identidade común e fomentar o orgullo de pertenza dos habitantes de municipios cun enorme potencial turístico.

Para dar a coñecer a fermosura da Costa da Morte, a CMAT impulsa unha promoción conxunta e coordinada do territorio, integrando as axendas e iniciativas locais baixo unha estratexia común. Este destino alberga unha autenticidade única dentro da comunidade galega e nacional, ademais de ser unha opción diferente, sostible e cohesionada para visitar.

Cartel promocional do encontro.

Cartel promocional do encontro. / Cedida

Parte da beleza deste litoral reside tamén na unión das súas forzas locais, feito que reflicte o seu enorme potencial natural, cultural e humano. Non obstante, a CMAT non se cansa de ampliar a súa rede de colaboración con distintos axentes da comarca, polo que están reforzando vínculos co Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro e o Grupo de Desenvolvemento Rural en proxectos vinculados ao desenvolvemento sostible e á dinamización económica, así como coa nova Asociación de Astroturismo da Costa da Morte, para potenciar o turismo científico e de observación do ceo.

Estas alianzas buscan sumar esforzos e crear sinerxías arredor dun obxectivo común: o crecemento equilibrado e responsable da Costa da Morte como destino.

A Asociación segue a traballar día a día para construír o seu futuro desde dentro, coa forza da súa xente e cunha visión compartida, e para promocionalo da forma máis axeitada posible, impulsa un modelo composto por valores como a cooperación, a autenticidade e o orgullo de pertenza. Este símbolo do Atlántico galego pode presumir de ser un territorio vivo e inspirador grazas ao traballo conxunto de múltiples colectivos.

Tracking Pixel Contents