Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Esixen unha campaña a prol do comercio e denuncian a falta de sinalización e retencións no Milladoiro

O Partido Popular reclama unha resposta municipal, e que empreguen o remanente das arcas municipais

Aseguran que a xente chega tarde ao traballo e tamén a levar aos nenos ao colexio

Retencións de vehículos nunha rúa próxima a Rosalía de Castro, tomada polas obras no Milladoiro

Retencións de vehículos nunha rúa próxima a Rosalía de Castro, tomada polas obras no Milladoiro / PP

Ames

O PP de Ames vén de emitir un comunicado no que asegura que «as obras do Milladoiro seguen a ser a maior preocupación dos veciños, cada vez máis indignados pola falta de sinalización, os cortes de tráfico e un sinfín de molestias que están a sufrir».

Así, e despois dun escrito presentado o 2 de abril« e de numerosas interpelacións exixindo que se mellorara a sinalización" das obras de humanización do Milladoiro», non teñen constancia de que durante todo este tempo, levaran a cabo ningunha medida neste senso. Pero a pesar de non ter resposta oficial, lembran que continuaron producíndose «numerosos contratempos» entre os que destacan dous accidentes que acabaron con un home no hospital por unha caída de moto e con unha muller atendida por un ataque de ansiedade despois de que atropelaran ós seus dous cans.

«Pero non pasa nada. Semella que o goberno local non quere falar do Milladoiro. Só espera que pase o tempo e rematen as obras. Pero antes hai que garantir a seguridade dos veciños», continúan os populares. Ao seu xuizo, o desenvolvemento das obras está a ser un caos. Esta mesma semana unha veciña reflectía o seu malestar porque saíu da súa casa e cando quixo volver, e despois do que ela mesmo definiu como «un mini tour polo Milladoiro» non puido pasar para acceder ao seu garaxe».

«E xa por non falar dos continuos atascos que se producen a causa dos últimos cortes de tráfico e que están a xerar que exista veciños que teñen dificultades para chegar a tempo ó traballo ou ser puntuais cos seus rapaces nos colexios ou as incomodidades á hora simplemente de entrar ou saír do Milladoiro». Ademais, cren que a situación agrávase cando os peóns teñen que camiñar entre material de construción co conseguinte perigo. «Pero ó goberno municipal e ó alcalde semella que tanto lle ten», engaden. As obras tamén están a ocasionar un grave prexuízo ó comercio do Milladoiro, que comprobou como a facturación sufriu un brusco descenso e xa ven como a campaña do Nadal está seriamente ameazada. Neste caso o PP solicitou que o remanente que existe nas arcas municipais, que é de pouco máis dun millón de euros, se destine a unha campaña de promoción do comercio local por medio de bonos para incentivar o consumo, «sobre todo despois do desprezo da Deputación da Coruña que deixou a Ames fora da campaña MercaNaVila», que limitou os bonos a concellos de menos de 20.000 veciños.

Tracking Pixel Contents