Lidia Veiga recibe en Padrón o Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva
O xurado destacou a súa calidade e versatilidade interpretativa, e a súa capacidade para construír personaxes con autenticidade e profundidade

Lidia Veiga tras recibir o premio de mans do alcalde, Anxo Arca. / Cedida
Redacción
O auditorio municipal de Padrón acolleu este venres o acto de entrega do XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, que recoñece o traballo da actriz arzuá Lidia Veiga pola súa interpretación na obra Iribarne.
O evento contou coa presenza do alcalde, Anxo Arca, e da concelleira Mariló Saco, nunha xornada que formou parte do programa Outono Cultural 2025.
O galardón, convocado polo Concello de Padrón, pon en valor a traxectoria e o talento das e dos profesionais das artes escénicas galegas. O xurado destacou de Lidia Veiga a súa calidade e versatilidade interpretativa, así como a capacidade para construír personaxes con autenticidade e profundidade, mantendo a lingua galega como ferramenta de creación artística.
Anxo Arca entregoulle o premio a Lidia Veiga ao remate da representación da obra Tromsø, da compañía Teatro MoRRAconto, unha das propostas máis destacadas do Outono Cultural deste ano. Durante o acto, o público presente no auditorio tributou unha afectuosa ovación á protagonista principal da obra, Lidia Veiga, que suma este recoñecemento ao amplo percorrido da súa carreira teatral e audiovisual.
O alcalde destacou a “importante traxectoria” de Lidia Veiga dentro da escena galega, e agradeceulle á compañía MoRRAconto "que apostase por introducir a música en directo na representación de Tromsø".
“En Padrón estamos moi orgullosos do Premio Maruxa Villanueva e da importante oferta cultural que todos os anos poñemos en marcha”, dixo Anxo Arca, quen lle desexou á actriz arzúa “moitos éxitos no futuro”.
Emocionada, Lidia Veiga deulle ás grazas ao Concello de Padrón “por dotar este premio cunha partida económica, que será moi ben investida en proxectos futuros”. Tamén lle agradeceu ao xurado a confianza depositada nunha moza como ela e por resaltar o uso do galego como fórmula de elaboración interpretativa e artística.
“Sentinme moi representada coas palabras do xurado dicindo que poño en valor a miña lingua no carácter e profundidade de todos os meus personaxes. Sen o galego eu non lle daría a autenticidade e a veracidade ás personaxes que interpreto”, asegurou Lidia Veiga.
A actriz arzuá tamén lle agradeceu á súa familia tela criado en galego.
O xurado do XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva estivo presidido polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, e integrado por profesionais de prestixio do ámbito teatral e literario galego: Inma López Silva, Carlos Caetano Biscainho Fernández, Afonso Becerra, Roberto Pascual e María Cruz Taboada.
O premio está dotado con 1.200 euros, un diploma acreditativo e unha figura coa imaxe da actriz padronesa que dá nome ao galardón.
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
- El mayor mercado de moda vintage aterriza en Santiago: miles de prendas de ropa de marca a tan solo 9 euros