O Punto Limpo de Ames recibiu 4.180 quilos de madeira en outubro
Rexistráronse un total de 758 entradas no servizo municipal, entre as que destacan tamén 1.453 quilogramos de metais

Entrada do Punto Limpo de Ames. / Cedida
Redacción
O número de veciñas e veciños de Ames que fan uso do Punto Limpo para depositar os seus residuos segue a aumentar, xa que cada vez son máis conscientes do importante que é reciclar correctamente aqueles refugallos que non se poden depositar nos colectores convencionais.
Deste xeito, o pasado mes de outubro rexistráronse un total de 758 entradas no servizo municipal (734 no Punto Limpo do Milladoiro e 24 no Punto Limpo Móbil) a través das cales se achegaron diferentes residuos.
Máis concretamente, a veciñanza amesá depositou 769 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos, 683 quilogramos de plásticos, 59 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas, 72 quilogramos de roupa, 266 unidades de voluminosos e 17 unidades de pneumáticos usados.
Ademais, rexistrouse a entrada de 1.453 quilogramos de metais, 49 quilogramos de lodos de pintura, 4.181 quilogramos de madeira, 4.532 quilogramos de lixo procedente da construción (formigón, ladrillos e outros), 257 quilogramos de envases de papel e cartón e 34 unidades de envases baleiros de aerosois.
Tamén se achegaron 4 quilogramos de absorventes e trapos e 5 unidades de aparatos de frío. Cómpre destacar tamén os aceites: 97 litros de aceite usado e 31 litros de aceite vexetal.
Tamén se achegaron 74 quilogramos de produtos fotoquímicos, 1 quilogramo de envases compostos, 35 quilogramos de envasases baleiros contaminados, 55 unidades de grandes aparatos electrodomésticos e 76 unidades de monitores e pantallas.
Horario e teléfono de contacto
O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do parque empresarial Novo Milladoiro e ata alí pode achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel.
Recentemente, ampliou o seu horario, e ofrece os seus servizos de luns a sábado en horario de mañá e de tarde. Así, o Punto Limpo abre de 09.00 a 15.00 e de 16.00 a 20.00 horas, seis días á semana. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 536 688.
Os voluminosos deben entregarse no Punto Limpo. Outra opción é chamar aos números de teléfono 981 191 240 ou 639 107 638, e acordar unha data e un lugar para depositalos xunto ao contedor máis próximo e que, posteriormente, sexan recollidos.
Ampliación do servizo do Punto Limpo Móbil
O servizo do Punto Limpo Móbil, que encontrou en funcionamento en 2023, ampliou os seus servizos. Deste xeito, o último sábado de cada mes presta servizo nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas e Agro do Muíño,
Na urbanización de Aldea Nova está diante do centro de usos múltiples de 11.00 a 11.45 horas; na urbanización de Agro do Muíño está na dársena de autobuses do CEIP Agro do Muíño de 12.00 a 12.45 horas; e na urbanización As Mimosas está na zona da piscina, de 12.55 a 13.30 horas.
O vehículo consta dunha plataforma móbil que se abre en dúas metades deixando un corredor central desde o que se accede aos colectores específicos para cada tipo de residuo. Nel hai un operario para axudar a que todos os residuos se depositen no colector que lles corresponde.
Os residuos que se poden depositar no Punto Limpo son aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, CD, DVD, disquetes e casetes, cristal, xoguetes, lámpadas e fluorescentes, pequenos electrodomésticos electrónicos (televisores, microondas, ordenadores, etc.), pilas, pinturas e vernices, radiografías, roupa e calzado e teléfonos móbiles.
- El amor sonó más fuerte que la música: la pedida de mano compostelana en el concierto de David Bisbal en A Coruña
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- Huelga de buses en Santiago: los piquetes impiden otra vez que salgan los servicios mínimos de Amio
- La Rúa dos Loureiros estrena una pequeña plaza y abre al tráfico
- Un fuerte accidente entre dos coches se salda con una mujer herida en Vidán
- La joven promesa musical de Milladoiro: 'Sempre quixen ser violinista
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»