Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Xunta apoia en Muxía o afrodisíaco percebe

A Orde de Cabaleiros e Damas que enxalza o produto celebrou un encontro na vila ao que asistiu a responsable de Desenvolvemento Pesqueiro

Ángeles Vázquez, este sábado no acto celebrado en Muxía.

Ángeles Vázquez, este sábado no acto celebrado en Muxía. / Cedida

Muxía

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez, participou este sábado na celebración do Capítulo II da Orde de Cabaleiros e Damas do Percebe Afrodisíaco de Muxía, cuxo obxectivo é enxalzar a tradición, a cultura mariñeira e o valor gastronómico deste crustáceo tan valorado no eido culinario e un dos produtos máis emblemáticos de Galicia.

A Orde, creada no ano 2024, foi apadriñada pola Confraría do Centolo Lapeiro do Grove e o Capítulo Serenísimo do Viño de Albariño de Cambados, no marco dun evento que reuniu dezasete entidades e colectivos vinculados á promoción dos produtos gastronómicos de Galicia.

Tracking Pixel Contents