Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Carballo volve sorprender os cativos cunha torre de xogos de nove metros de altura

A estrutura, que inclúe rocódromo, tobogáns e plafatormas de escalada, é unha réplica do depósito da auga do barrio de Chorís

Traballos de instalación da torre de xogos que replica o depósito de auga de Chorís.

Traballos de instalación da torre de xogos que replica o depósito de auga de Chorís. / Cedida

Carballo

O barrio do Chorís (Carballo) terá moi pronto un parque infantil máis grande e con capacidade para moitos máis nenos e nenas. Esta semana comezou a instalación da peza central da ampliación: un xogo de case 9 metros de altura que replica o depósito da auga situado a poucos metros.

Igual que o trolebús do Rego da Balsa ou o carballo da Praza do Outeiro, a réplica do depósito do Chorís xerará unha nova experiencia de ocio para os cativos.

O xogo terá unha capacidade mínima de 28 usuarios de xeito simultáneo. A torre ten varios niveis, e en cada un deles hai xogos diferentes. Na planta baixa terá rocódromo, plataformas de escalada colgadas de cordas, engranaxes xiratorios e panel labirinto xiratorio. Desde as plantas máis altas sairán dous tobogáns tubulares de aceiro: un de 4,8 metros de altura e outro de 6,8.

Ademais, os pilares do xogo contarán con iluminación led, o que permitirá o seu uso ata a noite e destacará o seu carácter monumental.

Pero, ademais da torre, na ampliación do parque do Chorís xa poden verse outros xogos. En concreto, un de balanceo con capacidade para catro usuarios; unha plataforma de equilibrio e balanceo; un conxunto modular con tres plataformas e accesorios, con tobogán, rede de trepa central, rocódromo de trepa e barra de bombeiros, con capacidade para 18 usuarios; outro xogo múltiple para un máximo de cinco cativos; e un bambán.

Estes módulos permitirán que estean xogando a un tempo un mínimo de 60 nenos e nenas.

Tracking Pixel Contents