ARTE
A artista Isolda Comesaña inicia a Residencia Paraíso en Corcubión
Desenvolverá a investigación escénica 'Sagrado Corazón'

A artista galega Isolda Comesaña presentará o traballo o día 25 na Capela do Pilar. / Cedida
A artista Isolda Comesaña inicia a súa andaina na novena edición das Residencias Paraíso en Corcubión. A Capela do Pilar acollerá desde mañá e até o martes 25 de novembro a derradeira destas residencias artísticas de 2025, en torno á proposta Sagrado Corazón.
Trátase dunha investigación escénica da artista galega arredor do desexo, a divindade, o privilexio e a vinganza, que partindo dunha cartografía do corazón a través da vulnerabilidade e a apertura nun sentido emocional, escolle o marco estético da Idade Media europea: cabaleiros de armadura, espadas, dragóns e unicornios.

'Sagrado Corazón' é unha investigación arredor do arredor do desexo, a divindade, o privilexio e a vinganza. / Cedida
Unha vez finalizada a residencia, Isolda Comesaña ofrecerá unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que terá lugar na mesma Capela do Pilar de Corcubión, o venres, 25 de novembro, ás 20.00 horas, con acceso libre ata completar a capacidade.
Esta mostra aberta da Residencia Paraíso de Isolda Comesaña enmárcase dentro dos actos programados polo Concello de Corcubión arredor do 25N, co gallo de visibilizar unha das datas por excelencia do movemento social e feminista en España, da man dunha artista cunha traxectoria significativamente vinculada ás temáticas feministas.
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo