Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Arzúa convertirase na capital da astronomía o 20 e 21 de decembro

AstroGalicia proporá diversas actividades gratuítas no Multiusos Terra do Queixo

O alcalde, Xoán Xesús Carril, na presentación da cita.

O alcalde, Xoán Xesús Carril, na presentación da cita. / Cedida

Arzúa

A festa galega das estrelas AstroGalicia, aterrizará de novo en Arzúa os días 20 e 21 de decembro no Multiusos Terra do Queixo. Este encontro de referencia astronómico da comunidade reunirá profesionais, amadores e persoas curiosas pola materia, con charlas, obradoiros, seminarios, exposicións e observacións astronómicas abertas a todos os públicos.

A programación dividirase en dous tipos de actividades. Por unha banda, propostas abertas e gratuítas dirixidas a toda a veciñanza, e por outra, actividades formativas e prácticas con inscrición previa, nas que as persoas asociadas e a veciñanza local disporán de prezos reducidos.

Tracking Pixel Contents