Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

COMERCIO

O PP pide na Deputación unha «reflexión» sobre as bases do plan Merca na Vila

Avoga por buscar unha solución para evitar discriminacións

A campaña Merca na Vila está dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes.

A campaña Merca na Vila está dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes. / Cedida

Carballo

O PP reclamou na Deputación da Coruña a necesidade de «reflexionar» sobre as bases e as condicións do programa Merca na Vila, que ten como obxectivo impulsar o pequeno comercio e a economía das vilas de menos de 20.000 habitantes.

«Non estamos en contra da iniciativa, pero se nos chama a atención que a información e a posibilidade de descargar o bono dun programa destinado a promover as compras en municipios de menos de 20.000 habitantes chegue a veciños de toda a provincia», apuntou o voceiro popular Evaristo Ben.

Asegura que se pode dar a paradoxa de que os que viven en lugares de máis de 20.000 habitantes poden comprar en comercios de municipios con menos poboación, «pero os comercios de lugares con máis de 20.000 habitantes non poden sumarse a esta iniciativa».

O voceiro popular puxo como exemplo que un veciño de Carballo pode ir a Coristanco a comprar, «pero un pequeno comercio da periferia do concello carballés, con dificultades económicas, non pode acollerse a esta iniciativa».

Por iso, engade, «cremos que esta situación que se produce merece unha reflexión por parte de todos para buscar unha solución. Se é por unha cuestión económica, soluciónase dotando o programa con máis fondos», afirmou Ben.

Tracking Pixel Contents