Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

Unidade en Mazaricos para demandar melloras na rede eléctrica

Piden tamén a mellora da conexión a internet e da sinal de TV

Casa consistorial de Mazaricos.

Casa consistorial de Mazaricos. / Cedida

Mazaricos

Os tres grupos municipais de Mazaricos (BNG, PP e Espazo Común) acordaron, de xeito unánime, presentar unha moción conxunta para demandar a mellora e mantemento da rede eléctrica, a conexión a internet e a sinal de televisión no concello.

A proposta incluirá instar ás compañías a «realizar o mantemento adecuado e renovar instalacións obsoletas». Ademais esixirán unha «redución nas facturas polos períodos sen servizo», e reclamarán á Xunta que «garanta o cumprimento das obrigas por parte das operadoras».

Solicitarán asemade á Deputación da Coruña partidas específicas para concellos de menos de 10.000 habitantes, e darán traslado do acordo ás compañías, á Xunta e á Fegamp.

A inicativa chega despois do malestar cidadá polos continuos cortes de subministro eléctrico que veñen sufrindo.

Tracking Pixel Contents