Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CLAUSURA

Cincuenta e tres persoas atopan un emprego co programa integrado da Laracha

Do Campo anunciou que o Concello volverá a contar cun curso desta modalidade no 2026

Participantes no acto de clausura do Programa Integrado do Emprego.

Participantes no acto de clausura do Programa Integrado do Emprego. / MONCHO FUENTES

A Laracha

A delegada da Xunta, Belén do Campo, xunto co alcalde da Laracha, José Manuel López, e o director territorial da Consellería de Emprego, José Couce, clausurou o Programa Integrado de Emprego (PIE) que contou cunha achega autonómica de 220.000 euros. Alí puxo de relevo o papel clave destas ferramentas, que a Xunta impulsa en colaboración cos concellos e entidades sen ánimo de lucro, na integración sociolaboral dos colectivos con máis dificultades de acceso ao mercado de traballo.

José Couce, esquerda, José M. López, Belén do Campo e Rocío López, entregando os diplomas.

José Couce, esqda., J. M. López, Belén do Campo e Rocío López, entregando os diplomas. / C.

Do Campo destacou que 53 das 100 persoas participantes conseguiron incorporarse ao mercado laboral, superando amplamente o obxectivo establecido no 40 %. Ademais, 73 tiveron experiencias laborais durante o desenvolvemento da iniciativa. Anunciou tamén que Laracha volverá a contar cun curso de formación desta modalidade.

Tracking Pixel Contents