Cobre San Rafael fixo xa 220 entrevistas a futuros traballadores da mina de Touro
Primeiro procuraron perfís relacionados co movemento de terras
Agora céntranse nos electricistas, mecánicos e soldadores

Cobre San Rafael nunha xuntanza informativa. / Mina San Rafael
Cobre San Rafael, titular da mina Touro-O Pino, aplaude o proceso de recrutamento que está a desenvolver no marco da súa campaña 'Talento en marcha'. Ata o de agora, a compañía leva realizadas máis de 220 entrevistas persoais con persoas interesadas en formar parte da futura operación da mina de cobre, chamada a ser un dos principais motores económicos e laborais da comarca. e que aspira a crear 420 empregos directos, 1.600 cos indirectos.
Durante as últimas semanas, o equipo de traballo de Dest People, empresa de xestión estratéxica de persoas e que acompaña a Cobre San Rafael no deseño e implantación da estrutura organizativa e políticas de xestión de persoas, intensificou o contacto cos perfís profesionais máis demandados nesta segunda fase. Sobre este proceso, Alba Gil, People Project Manager de Dest People, responsable do proxecto, sinala que “o interese pola campaña está a superar as expectativas. Estamos a observar como os perfís locais se adaptan e reorientan as súas competencias, o que nos permite non só cubrir as vacantes necesarias, senón tamén optimizar a colocación de profesionais en postos que se axusten á súa experiencia e motivación actual”.
O proceso, que inicialmente se centrou en perfís de movemento de terras, está agora enfocado nos electricistas, mecánicos industriais, caldereiros e soldadores, áreas fundamentais para a posta en marcha das instalacións e para a estrutura inicial do cadro de persoal. No ámbito dos perfís de movemento de terras, Cobre San Rafael completou xa máis de 190 entrevistas con profesionais do sector, ás que se engadirán novas convocatorias derivadas dos currículos recibidos recentemente. Estes postos resultan esenciais para a preparación do terreo e o desenvolvemento das primeiras fases operativas da mina.
En canto aos perfís eléctricos, o equipo de selección realizo xa 15 entrevistas, e seguirase co recrutamento estará centrado en soldadores. Todo este proceso forma parte dunha estratexia de contratación planificada e progresiva.
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo