CULTURA
‘Medida por medida (La culpa es tuya)’ gaña o Premio do Público do FIOT de Carballo
O festival xuntou 15.000 persoas na súa 34 edición

A obra ‘Medida por medida (La culpa es tuya)’ gaña o Premio do Público. / Vanessa Rábade
O espectáculo Medida por medida (La culpa es tuya), de Gabriel Chamé Buendía, gaña o Premio do Público do FIOT, de Carballo, que botou o pano da súa 34ª edición cun balance altamente positivo. Así, o "corazón do teatro en Galicia" contou con preto de 15.000 asistentes ao longo das seis semanas, con 44 espectáculos e máis dunha vintena de actividades paralelas, cunha porcentaxe de ocupación do Programa de Sala dun 100%, "todo un fito nas súas máis de tres décadas de historia", afirman dende a organización.
O referido programa acadou unha puntuación de 4,39 sobre 5, mentres que a nota media da programación global do FIOT (que inclúe o Programa de Sala, o OTNI, a Rúa dos Contos e o FIOT en Ruta) foi dun 4,43 sobre 5, cun total de 2.073 votantes rexistrados.

Público aplaudindo unha das funcións do FIOT34. / Vanessa Rábade
Medida por medida (La culpa es tuya) foi o espectáculo máis valorado polo público cunha puntuación de 4,75 sobre 5, a moi curta distancia de Yo solo quiero irme a Francia, de Contraproducións, protagonizada, entre outras, por María Galiana, que obtivo a segunda posición cunha puntuación de 4,63 sobre 5.
Alberto Sueiro, presidente da Asociación Telón e Aparte, organizadora do FIOT, destaca "a capacidade de reacción aos problemas e incidencias, grazas a un equipo humano e unha organización do festival solvente e madura. A altísima ocupación dos espectáculos e actividades fan deste último FIOT o máis grande da historia".
Subliña que isto "é grazas a transversabilidade do festival e á súa rede de colaboradoras e colaboradores: públicos, artistas, entidades e colectivos implicados, que conforman un tecido de base, unha raíz única, que de forma horizontal e colaborativa sustenta este gran corazón do teatro en Galicia". O festival volveu ser, engade, un "grande activista, defensor e motor da cultura galega, cada vez con máis adeptos e adeptas que nos visitan e nutren as nosas raíces. Por todo isto, sentimos moitísima gratitude e satisfacción".
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa
- Más viviendas en Milladoiro: aprobada la licencia para 78 pisos en la Rúa da Madalena