XUSTIZA
O voceiro socialista de Muxía pide o arquivo dunha causa aberta contra el pola Fiscalía
Do contrario, solicita que se amplíe ao actual goberno por "proceder do mesmo xeito"

Iago Toba, portavoz do PSOE e exalcalde de Muxía. / Cedida
O portavoz socialista e exalcalde de Muxía, Iago Toba, vén de presentar, a traves do seu avogado, Felipe Mayán, un escrito no Xulgado de Corcubión pedindo o arquivo da causa que Fiscalía abriu por unha denuncia do PP no ano 2022 e, no seu caso, unha ampliación da denuncia aos membros do goberno actual.
Segundo o avogado, o actual goberno está procedendo do mesmo xeito que o facía o seu representado cando era alcalde polo que "a idénticas condutas, idénticas consecuencias e interpretacións xurídicas dos feitos". Este feitos, engade, son o levantamento de reparos de Intervención e Secretaría por pagos de servizos sen licitar ou a realización de gastos sen o correspondente trámite.
O escrito presentado compleméntase con actas dos plenos no que "a portavoz popular Sandra Vilela, e o alcalde Javier Sar din proceder do mesmo xeito que o facía o anterior alcalde", algo que entende que serve para xustificar a ampliación de denuncia contra o actual goberno.
"Algunhas veces, os feitos poden vir en contra de quen os fai, e cabe a paradoxa de que a portavoz do PP acabe denunciada pola sua propia denuncia, e arrastre con ela a todo o goberno actual" advirte Iago Toba.
Di ademais que "ter a conciencia tranquila e o apoio social, do equipo, do partido e da familia fai que esta situación me fortaleza máis a nivel persoal e na defensa dos meus principios éticos".
Toba interpreta "como primeiro triunfo a expulsión do proceso de Sandra Vilela como acusación particular". Asegura que a portavoz rexeitou tal posibilidade porque "suponlle un gasto económico para unha denuncia que é puramente política, co obxectivo de gañar nos xulgados o que non gaña nas urnas”.
- Galicia se prepara para tiritar ante la llegada de tormentas, granizo y nieve durante los próximos días
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- Defienden que se dé continuidad al alquiler de las casetas en el histórico proyecto hostelero de O Cotón
- Así quedaría la letra del himno gallego con las propuestas de la RAG
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza