INFRAESTRUTURAS
A Xunta licitará este ano as obras de prolongación da autovía de Costa da Morte
Aprobou o proxecto do trazado, de 5,5 km, ata Vimianzo

Plano coas principais actuacións no tramo de ampliación da autovía. / Cedida
O Consello da Xunta aprobou definitivamente o proxecto de trazado de prolongación da autovía da Costa da Morte, no treito entre Santa Irena, no concello de Vimianzo, e a estrada AC-432, cuxas obras se prevén licitar por un orzamento de 36.108.540 euros.
O Goberno galego prevé convocar os actos expropiatorios de levantamento das actas previas neste ano para, a continuación, licitar as obras antes de que remate o 2025.
Trátase de prolongar e darlle continuidade ao tramo de autovía que o Goberno galego puxo en funcionamento no ano 2016, con case 28 quilómetros libres de peaxe que comunican os concellos de Carballo, Coristanco, Cabana, Zas e o termo municipal de Vimianzo, ata Santa Irena.
«É unha vía que supuxo unha mellora substancial, en tempo e seguridade, para os usuarios, pois máis de 6.000 vehículos percorren de media a diario esta autovía», subliñan dende a Xunta.
O proxecto aprobado comprende o novo tramo de 5,5 km ata a intersección coa AC-432, que comunica Vimianzo e Camariñas. Este treito construirase sobre unha traza con parte do movemento de terras xa executado.
A execución deste novo tramo incluirá a construción de 2 enlaces e a previsión dun terceiro (co parque empresarial), 3 viadutos, 6 pasos superiores, 3 pasos inferiores e 6 obras de drenaxe.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago