MÚSICA
Alana viaxa a Xenebra para amenizar a festa dos emigrantes
Comparten cartel con outras formacións galegas no Terrafest

Alana nun dos seus concertos. / Cedida
O sábado, 15 de novembro, Antía, Pablo e Eloy, músicos de Alana, subirán ao escenario da Salle Communale d’Onex, en Xenebra, para participar no Terrafest 2025,organizada pola Irmandade Galega na Suíza, co patrocinio da Secretaría Xeral da Emigración, Abanca e Estrella Galicia. Comparten cartel con De Ninghures, Igns Trad, ACG A Roda, Galicia Celta Delémont, Loita Amada e Kike Varela.
«Temos moita ilusión de tocar en Suíza; será a nosa estrea nunha terra que historicamente tivo moito vencello con Galicia. Para nós é histórico o feito de participar e tamén facelo con compañeiras e compañeiros de auténticos grupazos do panorama musical galego», afirman.
Alana é un proxecto que mestura a música tradicional con ritmos de base electrónica e pop. A súa proposta parte das recollidas, un traballo feito coa colaboración de moitas mulleres que desinteresadamente contribúen a preservar a riqueza da música e da tradición.
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
- El mayor mercado de moda vintage aterriza en Santiago: miles de prendas de ropa de marca a tan solo 9 euros