Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

Cee reabre o renovado e dixitalizado mercado de abastos a vindeira semana

O Concello licita o espazo gastronómico e unha tenda

Aspecto interior do renovado mercado municipal de Cee.

Aspecto interior do renovado mercado municipal de Cee. / Cedida

Cee

O Concello de Cee vén de publicar na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación para a concesión de dous locais situados na planta baixa do renovado e dixitalizado Mercado Municipal de Abastos, que reabrirá as súas portas o vindeiro mércores, 19 de novembro, segundo confirmou a alcaldesa, Margot Lamela.

Un dos locais é o do espazo gastronómico, que conta cunha superficie de 124 m² e un canon concesional de 31.000 euros. A concesión terá unha duración de 15 anos. Estará destinado a restauración e gastronomía en xeral, e dispón de dúas zonas comunicadas: unha para o servizo e estancia de clientes e outra para a elaboración dos produtos, con acceso directo dende o interior e o exterior do mercado.

O mercado ceense foi renovado por completo.

O mercado ceense foi renovado por completo. / Cedida

O outro, de nova creación, é unha tenda tipo quiosco, de 24,40 m², cun canon concesional de 6.100 euros e unha duración igualmente de 15 anos. Poderá destinarse a florería, panadería, pastelería, tenda tipo quiosco ou actividades similares. O posto conta cun espazo aberto de atención ao público e outro pechado de almacenaxe, con tomas de auga e electricidade.

A convocatoria ten por obxecto a concesión do uso privativo destes espazos municipais, "co propósito de continuar coa revitalización e dinamización comercial do mercado de abastos", afirma a rexedora.

O prazo de presentación de ofertas permanecerá aberto dende o 12 ata o 27 de novembro de 2025, a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.

Tracking Pixel Contents