Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

TURISMO

Costa da Morte: 117.000 visitantes de máis de 20 países en nove meses

O sector turístico reforza a aposta por un crecemento sostible

Representantes políticos e do sector turístico no encontro de Carballo.

Representantes políticos e do sector turístico no encontro de Carballo. / MONCHO FUENTES

Carballo

O Pazo de Vilar de Francos (Carballo) acolleu o V Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte, organizado pola CMAT co fin de promover o intercambio de experiencias entre profesionais, administracións e entidades vinculadas ao desenvolvemento económico e social do xeodestino.

Ao acto sumouse o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, quen destacou que entre xaneiro e setembro, visitaron Costa da Morte un total de 117.061 viaxeiros que fixeron máis de 254.000 noites nos establecementos de aloxamento da zona.

Asistentes ao encontro celebrado no Pazo de Vilar de Francos.

Asistentes ao encontro celebrado no Pazo de Vilar de Francos. / D. C.

Segundo os datos rexistrados no punto de información turística de Brandomil (Zas), entre o 12 de agosto e o 28 de setembro, pasaron por estas instalacións 1.261 persoas na procura de información turística, dos cales case unha cuarta parte eran de orixe internacional, procedentes dunha vintena de países diferentes.

Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación, no encontro de Carballo.

Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación, no encontro de Carballo. / D. C.

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, puxo en valor «al altas ocupacións, os novos establecementos de calidade e a chegada dun novo cliente, máis esixente pero que valora e está disposto a pagar pola autenticidade, sostibilidade e experiencias únicas do territorio».

Subliñou ademais que o esforzo realizado este ano polo sector ten recompensa «grazas á boa colaboración público-privada de concellos, Deputación e Turismo de Galicia, e colócanos no mapa nunha posición cada vez máis competitiva».

Avanzou tamén que 2026 «non vai ser un ano calquera: vai ser o ano do eclipse total de sol, evento que atraerá grande cantidade de viaxeiros interesados no turismo». Será, engadiu, «o primeiro do trienio máxico do Xacobeo 2027» e a Costa da Morte, como Destino Starlight e Fin do Camiño «terá nesas dúas cita unha xanela de oportunidade irrepetíbel, se estamos preparados para xestionala correctamente».

O Parador abrirá 10 meses

No encontro tamén participou a presidenta de Paradores de España, Raquel Sánchez, quen anunciou a ampliación a 10 meses o periodo de actividade do Parador Costa da Morte, situado en Muxía.

Subliñou que se reforza así o seu papel como motor económico e social destas comarcas atlánticas, e con esta ampliación dáse resposta a unha demanda do tecido socieconómico».

Inaugurado no ano 2020, o Parador de Muxía é, segundo Raquel Sánchez, un dos que ten mellor ocupación e valoración de toda a rede. «Somos conscientes de su impacto positivo en la zona y, por ello queremos seguir apostando por él; hemos decidido que solo cerrará dos meses por temporada, en lugar de tres», afirmou.

Homenaxe ás palilleiras e a actriz Marta Lado nova embaixadora

O encontro serviu para render unha homenaxe ás palilleiras e recoñecer á actriz fisterrá Marta Lado como Embaixadora da Costa da Morte, ao tempo que contribuíu a fortalecer os lazos entre o sector público e privado, fomentar sinerxías e consolidar unha rede de traballo conxunto que poña en valor o territorio e o seu potencial como destino turístico.

No acto participaron tamén o delegado e o subdelegado do Goberno, Pedro Blanco e Julio Abalde; a delegada da Xunta, Belén do Campo; o presidente da CMAT e alcalde da Laracha, José Manuel López; rexedoras, rexedores e concelleiros dos dezasete concellos do xeodestino;os presidentes de APTCM, Pepe Formoso, e de Solpor, Jesús Picallo; empresarios e profesionais do sector turístico.

Tracking Pixel Contents