Outes acollerá unha mesa pastoral sobre saúde mental e experiencia relixiosa o 18
A primeira das catro xornadas de debate celebrarase na casa da cultura

Curso de Saúde Mental e experiencia relixiosa / CEDIDA
As parroquias de Outes lanzan unha nova e creativa iniciativa denominada Mesa pastoral, que nace da necesidade de diálogo social e como espazo aberto á participación social para a transformación da realidade local.
Trátase dun foro de debate e reflexión sobre a relación entre a saúde mental e a experiencia relixiosa. O tema tratarase en catro sesións, unha por trimestre, coa intervención dun profesional da saúde mental, un pastoralista e unha libreira local. Cada sesión traballará sobre os aspectos da saúde mental e o seu correlato na experiencia relixiosa, para dar paso á presentación dun cómic.
É unha acción aberta á veciñanza local e a cantos interesados queiran acudir que celebrará a súa primeira sesión o vindeiro 18 de novembro as 19.00 no salón de actos da casa da cultura facilitado polo Concello de Outes.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques