Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

EDUCACIÓN

A Xunta non ve necesario reforzar o profesorado na Costa da Morte

O BNG pide que se poñan os datos por escrito para contrastar

Unha das concentracións celebradas no CEIP Vila de Cee.

Unha das concentracións celebradas no CEIP Vila de Cee. / Cedida

Vimianzo

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, en resposta a unha pregunta do BNG, asegurou no Parlamento que os centros educativos da Costa da Morte «contan con todos os recursos axeitados para atender ao seu alumnado e coas aulas moi por debaixo das ratios que fixa a normativa».

Respecto aos colexios Vila de Cee, os Muíños e Virxe da Barca (Muxía) e ao IES Agra de Raíces (Cee), sinalou que «a dotación do profesorado especialista e de apoio é a axeitada ás necesidades do alumnado. Mesmo nalgúns destes centros o plantel de profesorado é incluso superior ao que lle corresponde por catálogo, isto é, por número de alumnos matriculados».

Subliñou tamén que a atención á diversidade é unha tarefa colectiva do conxunto do profesorado do centro e, nestes casos, «hai profesores con dispoñibilidade de horas semanais sen docencia que se poden organizar para a atención e reforzo en función das necesidades».

Pola súa banda, o deputado do BNG, Oscar Insua, discrepou e pediulle a Jesús Álvarez que poña «por escrito todos os datos» aportados «e logo contrastamos». Lembroulle ademias que «as familias que se mobilizan polos dereitos dos seus fillos e fillas non o fan por capricho, senón porque se trata dunha necesidade real»

Tracking Pixel Contents