Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O CEIP Plurilíngüe de Sigüeiro xa conta cun novo coidador para alumnos con necesidades especiais

Esta implementación responde á demanda dos pais e nais do centro que exixían unha solución para garantir a correcta educación de 9 nenos afectados

Nenos nun centro educativo.

Nenos nun centro educativo. / Cedida

Oroso

O CEIP Plurilíngüe Sigüeiro, en Oroso, conta dende este xoves cun novo coidador incorporado ao centro educativo, dando resposta á solicitude realizada pola Dirección do colexio e a ANPA A Nosa Escola en coordinación co Concello de Oroso, que demandaban esta ampliación para garantir a educación correcta de 9 nenos con necesidades especiais.

O alcalde, Álex Doval, destacou que “esta nova praza é unha boa noticia para toda a comunidade educativa, especialmente para as familias, e reforza o compromiso do Concello coa educación pública e coa atención ás necesidades reais do alumnado”.

Pola súa banda, a concelleira de Ensino, María Requejo, sinalou que “este tipo de colaboración institucional é fundamental para seguir mellorando os servizos nos nosos centros educativos e garantir unha atención adecuada a todos os nenos e nenas”.

Tracking Pixel Contents